Estadounidenses de orixe galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os estadounidenses de orixe galega ou galegoamericanos son os norteamericanos descendentes de galegos.

A migración galega a Estados Unidos tivo lugar principalmente entre 1868 e 1930,[1] aínda que houbo unha segunda vaga migratoria máis pequena a finais da década de 1940 e na de 1950, época na que os galegos chegaron a formar unha pequena comunidade en Newark.[2]

Hai varias personalidades galegas que viven ou viviron un tempo en Estados Unidos, pero que non están nacionalizados norteamericanos, como a música Cristina Pato ou o mestre Anxo Brea,[3] A lista de máis abaixo refírese só a aqueles que teñen a nacionalidade estadounidense con ascendencia total ou parcial galega.

Galegoamericanos notables[editar | editar a fonte]

  • Familia Estevez
  • Jerry Garcia (1 de agosto de 1942 - 9 de agosto de 1995) foi un músico e escritor de cancións.
  • Ramón Verea – xornalista, enxeñeiro e escritor. Inventor dunha calculadora cunha táboa de multiplicar interna
  • Familia Yglesias
    • José Yglesias – (29 de novembro de 1919 – 7 de novembro de 1995) foi un novelista e xornalista norteamericano. Yglesias naceu na sección de Ybor City de Tampa, Florida, e tiña descendencia galega (por prte de pai) e cubana.
      • Rafael Yglesias – Rafael Yglesias (12 de maio de 1954, Nova York) é un novelista e guionista norteamericano. Os seus pais foron o novelista José Yglesias e Helen Yglesias.
        • Matthew Yglesias – Matthew Yglesias (18 de maio de 1981) é un xornalista económico norteamericano e blogueiro político.
  • Perez Hilton – Mario Armando Lavandeira, Jr. (nacido o 23 de marzo de 1978), coñecido profesionalmente como Perez Hilton é un blogueiro norteamericano e personaxe da televisión.
  • Carmen Fariña é unha mestre e política.
  • Octavio Vazquez (n. 1972) é un compositor e profesor do Nazareth College (Nova York).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Los gallegos en USA se hacen visibles". La Opinion Coruña newspaper. Consultado o 2015-05-04. 
  2. "La Pequeña Galicia de EE.UU.". La Voz de Galicia newspaper. Consultado o 2015-05-04. 
  3. "Un galego, mellor profesor de Historia do Estado de Nova York". Galicia Confidencial newspaper. Consultado o 2015-05-08. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]