Carmen Fariña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarmen Fariña

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de abril de 1942 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Fordham (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Carmen Fariña, nada co apelido Guillén o 5 de abril de 1943, en Brooklyn, Nova York, é a reitora das Escolas da Cidade de Nova York e xefa do Departamento de Educación.[1] O anuncio da súa elección por parte do alcalde Bill de Blasio produciuse o 30 de decembro de 2013. É a primeira reitora das Escolas de Nova York que conta co experiencia previa en supervisión de escolas dende Rudy Crew.[1] Fariña foi mestra, directora, superintendente, e vicerreitora de Ensino e Aprendizaxe dende 2004 até 2006.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de pais galegos que marcharon de España durante a guerra civil, Fariña era a única falante de castelán no xardín de infancia e aprendeu inglés na escola. A barreira da lingua era tan grave que a mestra de Fariña "marcou ausencias todos os días durante seis semanas porque Carmen, que daquela tiña o apelido Guillén, non respondía á mestra cando chamaba por Quillan durante a rolda da mañá."[2]

Foi a primeira persoa na súa familia que estudou na universidade. É graduada en ciencias pola Universidade de Nova York e fixo tres mestrías: Brooklyn College (Educación bilingüe), Universidade de Fordham (Gifted/Arts Education) e Universidade Pace (Administración e Supervisión).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Hernández, Javier C. (29 de decembro de 2013). "Veteran of City School System Is Said to Be Next Chancellor". The New York Times (Nova York: The New York Times Company). Consultado o 2 de xaneiro de 2014. 
  2. Hartocollis, Anemona (24 de febreiro de 1999). "In School; A principal with a will of steel makes a public school as prestigious as a private one". The New York Times (Nova York: The New York Times Company). Consultado o 4 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]