Rafael Yglesias
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de maio de 1954 Nova York, Estados Unidos de América |
| Educación | escola Horace Mann |
| Actividade | |
| Ocupación | guionista, novelista, escritor |
| Familia | |
| Fillos | Matthew Yglesias |
| Pais | José Yglesias |
| Sitio web | rafaelyglesias.com |
Rafael Yglesias, nado en Manhattan (Nova York) o 12 de maio de 1954, é un novelista e guionista estadounidense. É coñecido polo seu traballo no filme de 1993 Fearless, no cal adaptou a súa propia novela para facer o guión.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os seus pais eran os novelistas José Yglesias (de orixe galega) e Helen Yglesias. Asistiu á Horace Mann School e á Academia George Stevens en Blue Hill, Maine.
Casou con Margaret Joskow en 1977. Os seus fillos son o xornalista Matthew Yglesias; e Nicholas, un novelista. A enfermidade e morte de Joskow por mor dun cancro formaron a base da aclamada novela A Happy Marriage, que gañou o Premio do Libro de Los Angeles Times en 2009. Casou con Donna Redel en 2013; separaron en 2014 e posteriormente divorciáronse. Casou coa novelista Ann Packer e vive en Nova York.
Obra
[editar | editar a fonte]- Hide Fox, and All After
- The Work Is Innocent
- The Game Player
- Hot Properties
- Only Children
- The Murderer Next Door
- Fearless
- Dr. Neruda's Cure for Evil
- A Happy Marriage
- The Wisdom of Perversity
- Fabulous at Fifty
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- Rafael Yglesias na IMDb (en inglés).