Matthew Yglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Matthew Yglesias
Screenshot from podcast of Matthew Yglesias.jpg
Nacemento18 de maio de 1981
 Estados Unidos de América
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Harvard e Dalton School
Ocupaciónxornalista e blogueiro
PaiRafael Yglesias
editar datos en Wikidata ]

Matthew Yglesias, nado o 18 de maio de 1981, é un xornalista e blogueiro estadounidense especializado en economía e política, maioritariamente dende unha perspectiva socioliberal e progresista.[1][2] Yglesias escribiu columnas e artigos para medios como The American Prospect, The Atlantic e Slate. É columnista e editor de Vox, páxina web de Vox Media que cofundou en 2014.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai, Rafael Yglesias, é guionista e novelista. Os seus avós paternos foron os novelistas José Yglesias e Helen Bassine. O seu avó paterno era de ascendencia galego-cubana; os seus outros tres avós eran xudeus con orixes en Europa Oriental.[3]

Yglesias realizou os seus estudos secundarios na Dalton School de Nova York[4] e os seus estudos universitarios de filosofía en Harvard, onde se graduó magna cum laude. Foi editor en xefe do xornal semanal The Harvard Independent.[5]

Notas[editar | editar a fonte]