Renée Estevez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Renée Estevez
Nome completoRenée Pilar Estevez
Nacemento2 de abril de 1967
LugarNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enCalifornia Culinary Academy
PaiMartin Sheen
NaiJanet Sheen
Profesiónactriz, escritora, actriz de teatro, actriz de televisión, actriz de cinema e guionista
editar datos en Wikidata ]

Renée Pilar Estevez,[1] nada o 2 de abril de 1967, é unha actriz e escritora estadounidense de ascendencia galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estevez naceu na cidade de Nova York, sendo a cuarta de catro irmáns e a única filla de Janet (nada como Templeton) e do actor Martin Sheen (nado Ramón Estevez). O seu pai é de orixe irlandesa e galega.[2] Os seus tres irmáns son os actores Emilio Estevez, Ramon Estevez e Charlie Sheen (nado como Carlos Estevez). O seu home, Jason Thomas Federico, foi golfista profesional[3] e é un chef de Nova York. Coñecéronse na California Culinary Academy, e casaron o 11 de outubro de 1997.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "WEDDINGS; Renee Estevez, Jason Federico". The New York Times. 12 de outubro de 2007. Consultado o 28 de marzo de 2011. 
  2. "The Good Son". The Irish Times. 13 de maio de 2011. 
  3. "Lawrence Journal-World – Google News Archive Search". Consultado o 4 de outubro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]