Estado de Sokoto
| Epónimo | Sokoto River | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Nixeria | ||||
| Capital | Sokoto (pt) | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.998.090 (2016) | ||||
| Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 25.973 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 3 de febreiro de 1976 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | executive council of Sokoto State (en) | ||||
| Órgano lexislativo | Sokoto State House of Assembly (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | https://postcode.com.ng/rabah-postal-or-zip-codes-sokoto-state/ | ||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | NG-SO | ||||
| Sitio web | sokotostate.gov.ng | ||||
Sokoto é un dos estados nos que se divide a República Federal de Nixeria, con capital a cidade de Sokoto.
Posúe unha superficie de 25.973 quilómetros cadrados e limita polo norte e noroeste coa República de Níxer, polo leste e sur co estado de Zamfara e polo oeste e suroeste co estado de Kebi.
Segundo o censo do ano 2007, contaba cunha poboación de 4 381 970 persoas, o que dá unha densidade demográfica de 168,7 habitantes por quilómetro cadrado.
As dúas etnias maioritarias do estado son os hausa e os fulani. No relixioso, predominan amplamente os musulmáns.
O estado foi creado en 1967 co nome de "North-Western State". Posteriormente, o seu territorio foi sufrindo numerosas modificacións a causa da creación de novos estados. Así, en 1976 cedeu territorios para a creación do estado de Níxer e en 1991 para a creación do estado de Kebbi. Finalmente, en 1996 unha porción de Sokoto foi cedida para a creación do estado de Zamfara.
O estado é eminentemente agrícola e estímase que o 90% da poboación traballa en actividades ligadas á agricultura. Os principais cultivos son: millo, arroz, cacahuete, cana de azucre e tabaco. Tamén son importantes os vexetais, destacándose o cultivo de manga, laranxa, plátanos, papaia, leituga e espinaca.[1]
Áreas de goberno local
[editar | editar a fonte]Este estado subdivídese internamente nun total de 23 áreas de goberno local, a saber:
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "NGEX. Information about Sokoto State" Arquivado 03 de novembro de 2011 en Wayback Machine. Ngex.com (en inglés)
