Ondo é un dos Estados formantes da República Federal de Nixeria. Foi creado o 3 de febreiro de 1976 a partir do antigo Estado Occidental. Orixinalmente incluía o que é agora o estado de Ekiti, que foi creado en 1996. A súa capital é a cidade de Akure. Segundo a estimación do censo para o 2005, ten unha poboación de 4011407 habitantes, nunha área de 14.606km2.