Manga (froita)
A manga[1] é o froito da árbore chamada mangueira (Mangifera Indica). É unha froita da zona intertropical de polpa carnosa e de sabor doce. Esta pode ser ou non fibrosa, especialmente na variedade chamada "manga de hilacha". É unha froita normalmente de cor verde nun principio, amarela ou alaranxada cando está madura, de sabor medianamente acedo cando non madurou completamente. De orixe asiática, principalmente da India, comprende numerosas variedades, moitas delas obtidas por enxerto, como as que aparecen na imaxe (probablemente, mangas Thompson, que constitúen unha das variedades máis estendidas).
Propiedades nutritivas
[editar | editar a fonte]Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 250 kJ (60 kcal) |
15 g | |
Azucres | 13.7 |
Fibra alimentaria | 1.6 g |
0.38 g | |
0.82 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 7% 54 μg6% 640 μg23 μg |
Tiamina (B1) | 2% 0.028 mg |
Riboflavina (B2) | 3% 0.038 mg |
Niacina (B3) | 4% 0.669 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 4% 0.197 mg |
Vitamina B6 | 9% 0.119 mg |
Ácido fólico (B9) | 11% 43 μg |
Colina | 2% 7.6 mg |
Vitamina C | 44% 36.4 mg |
Vitamina E | 6% 0.9 mg |
Vitamina K | 4% 4.2 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 1% 11 mg |
Ferro | 1% 0.16 mg |
Magnesio | 3% 10 mg |
Manganeso | 3% 0.063 mg |
Fósforo | 2% 14 mg |
Potasio | 4% 168 mg |
Sodio | 0% 1 mg |
Cinc | 1% 0.09 mg |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
Unha manga fresca contén cerca do 15 % de azucre, até 1 % de proteína e cantidades significativas de vitaminas, minerais e antioxidantes, podendo conter vitamina A, vitamina B e vitamina C. A manga é baixa en calorías, achega ó organismo antioxidantes. Apropiada para o metabolismo dos hidratos do carbono e problemas na epiderme. É de moi fácil dixestión aínda que pode ter efectos laxantes cando é consumida en exceso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para manga.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manga |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Manga |