Estado de Osun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Osún dentro de Nixeria

Ọṣun (en yoruba), Osun (en inglés), é un dos estados da República Federal de Nixeria. É un estado interior, no suroeste da Nixeria. Creado o 27 de agosto de 1991, ten como capital a cidade de Osogbo. No 2005 tiña unha poboación estimada de 4 137 627 habitantes, nunha área de 9.251 km². Delimita polo norte co estado Kwara, polo leste, en parte, co estado Ekiti e, en parte, polo estado Ondo, polo sur co estado Ogun e, polo oeste, co estado de Oyo.

É lar da Universidade Obafemi Awolowo, preeminente institución de ensino superior de ,Nixeria. Atópase tamén neste estado a antiga vila de Ile-Ifé, un importante centro de desenvolvemento político e relixioso da cultura yoruba. Outras importantes cidades e vilas son as capitais do antigo reino: Oke-Ila Orangun, Ila Orangun, Ede, e Ilesa.

Río Osun en Osogbo, estado de Osun.

O nome do estado deriva do río Osun.

Demografía[editar | editar a fonte]

Os principais sub-grupos étnicos do Estado Ọṣun, son os ife, os ijesha, os oyo, os ibolo e os igbomina das tribos yoruba, aínda que tamén hai persoas doutras partes de Nixeria. O yoruba e o inglés son as linguas oficiais.

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

O Estado de Osun componse de trinta Áreas de Administración Local, a unidade primaria (terceiro nivel) do goberno nixeriano.

As 30 Áreas de Administración Local están listadas abaixo coas súas respectivas sedes entre parénteses:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]