Adamawa, Nixeria
| Adamawa State (en) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Nixeria | ||||
| Capital | Yola (pt) | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.248.436 (2016) | ||||
| Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 36.917 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 27 de agosto de 1991 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | executive council of Adamawa State (en) | ||||
| Órgano lexislativo | Adamawa State House of Assembly (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 640001 | ||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | NG-AD | ||||
| Sitio web | adspc.ad.gov.ng | ||||
Adamawa é un estado da República Federal de Nixeria.
É un dos estados máis extensos de Nixeria, con 36 917 km2. Limita polo noroeste co Estado de Borno, polo oeste co estado de Gombe, polo suroeste co estado de Taraba e polo leste con Camerún. Segundo unha estimación do ano 2006, vivían en Adamawa 3 168 101 persoas.
Posúe 21 Áreas de Goberno Local:
- Fufore
- Ganye
- Gombi
- Guyuk
- Hong
- Jada
- Shelleng
- Demsa
- Madagali
- Maiha
- Mayo-Belwa
- Michika
- Mubi
- Numan
- Song
- Mubi-South
- Jimeta
- Girei
- Toungo
- Lamurde
- Yola
Historia
[editar | editar a fonte]O estado foi creado en 1991, baixo o réxime militar de Ibrahim Babangida, en territorios antes pertencentes ao desaparecido estado de Gongola. Debe o seu nome ao líder da etnia fulani, Madibbo Adama, quen liderou no século XIX unha revolta musulmá contra os colonizadores británicos.[1]
Economía
[editar | editar a fonte]A súa economía é fundamentalmente agrícola, con cultivos de cacahuetes e algodón. Tamén se cultiva millo, millo miúdo, iñame e arroz. Os pobos fulani practican a gandaría de modo nómade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "States of Nigeria: Adamawa" Arquivado 19 de novembro de 2010 en Wayback Machine. NigeriaGalleria.com
| A Galipedia ten un portal sobre: Nixeria |

