Estado de Níxer
| Niger (en) | |||||
| Epónimo | Río Níxer | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Nixeria | ||||
| Capital | Minna | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.556.247 (2016) | ||||
| Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 76.363 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 3 de febreiro de 1976 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | executive council of Niger State (en) | ||||
| Órgano lexislativo | Niger State House of Assembly (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | NG-NI | ||||
| Sitio web | nigerstate.gov.ng | ||||
Níxer é o maior estado da Nixeria, no occidente da República, creado o 3 de febreiro de 1976. A súa capital é a cidade de Minna. No 2005 tiña unha poboación estimada de 4 082 558 habitantes, nunha área de 76 363 km². Outras cidades relevantes son Bida, Kontagora, e Suleja. Formouse en 1976 cando daquelas o estado do Norte-Occidental se dividiu neste estado de Níxer e no estado de Sokoto.
O nome do estado débese ao río Níxer. Dous dos maiores saltos hidroeléctricos da Nixeria, a presa de Kainji e a de Shiroro, atópanse nesta zona; como tamén o Parque Nacional de Kainji, o maior parque nacional da Nixeria, onde se acha o Lago Kainji.
Como a maioría dos estados nixerianos, está gobernado por un gobernador e unha asemblea. Baixo a administración de Mu'azu Babangida Aliyu, o 13 de xaneiro de 2007, o estado adoptou a xaria.
Áreas de goberno local
[editar | editar a fonte]Pode subdividirse en 25 áreas de goberno local.
- Agaie
- Agwara
- Bida
- Borgu
- Bosso
- Chanchaga
- Edati
- Gbako
- Gurara
- Katcha
- Kontagora
- Lapai
- Lavun
- Magama
- Mariga
- Mashegu
- Mokwa
- Munya
- Paikoro
- Rafi
- Rijau
- Shiroro
- Suleja
- Tafa
- Wushishi
