O nome de Benue provén do río do mesmo nome, e formouse a partir do antigo ex-estado Benue-Plateau en 1976, xunto co grupo étnico igala, que formaba parte do estado de Kwara. En 1991, algunhas áreas de Benue, xunto con áreas de Kwara, pasaron a ser parte do novo estado de Kogi. O seu territorio ocupa unha superficie de 34.059km².