Estado de Abia
| Abia (en) | |||||
| Epónimo | Aba River (en) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Nixeria | ||||
| Capital | Umuahia | ||||
| Contén a división administrativa | Aba North (en) Aba South (en) Arochukwu (pt) Bende (pt) Ikwuano (en) Isiala-Ngwa North (en) Isiala-Ngwa South (en) Isuikwuato (en) Obi Ngwa (en) Ohafia (en) Osisioma Ngwa (en) Ugwunagbo (en) Ukwa East (en) Ukwa West (en) Umuahia North (en) Umuahia South (en) Umunneochi (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 3.727.347 (2016) | ||||
| Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 6.320 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 27 de agosto de 1991 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Executive Council of Abia State (en) | ||||
| • Governor of Abia State (en) | Alex Otti (en) | ||||
| Órgano lexislativo | Abia State House of Assembly (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 440001 | ||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | NG-AB | ||||
| Sitio web | abiastate.gov.ng | ||||
O Estado de Abia é un dos estados que constitúe a República Federal de Nixeria, situado no sueste do país. A súa capital é Umuahia, aínda que o principal centro comercial atópase en Aba, un antigo posto comercial británico. O estado creouse en 1991 con parte do territorio do estado de Imo. Os seus habitantes pertencen maioritariamente á etnia igbo. Abia é un dos nove estados pertencentes á rexión do Delta do Níxer. Posúe 17 Áreas de Goberno Local.
Este estado ten unha extensión de territorio que contén unha superficie composta por uns 6.320 quilómetros cadrados. A súa poboación cífrase en 4 350 963 persoas (datos do censo do ano 2007), dando unha densidade de poboación de 688,4 habitantes por cada quilómetro cadrado.
Áreas de goberno local
[editar | editar a fonte]Posúe 17 áreas de goberno local:
- Aba North
- Aba South
- Arochukwu
- Bende
- Ikwuano
- Isiala Ngwa North
- Isiala Ngwa South
- Isuikwuato
- Obi Ngwa
- Ohafia
- Osisioma Ngwa
- Ugwunagbo
- Ukwa East
- Ukwa West
- Umuahia North
- Umuahia South
- Umu Nneochi
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Nixeria |

