Akwa Ibom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 05°00′N 07°50′E / 5.000°N 7.833°E / 5.000; 7.833

Localización de Akwa Ibom dentro de Nixeria.

O Estado de Akwa Ibom é un estado pertencente á República Federal de Nixeria. Ten unha área de 7.081 km² e a súa poboación cífrase en 4.918.234 persoas (datos do censo do ano 2007), o que dá unha densidade de poboación de 694,6 habitantes por cada quilómetro cadrado. Limita polo leste con Cross River, polo oeste con Rivers e Abia, e polo sur co Océano Atlántico.

Foi creado en 1987 do antigo estado Cross River e é unha das principais áreas produtoras de petróleo no país. A capital do estado é Uyo. Xuntamente co inglés, as principais linguas faladas son: ibibio, annang, oron, ibeno e eket.

Áreas de goberno local[editar | editar a fonte]

Este estado subdivídese internamente nun total de 31 Áreas de Goberno Local:

  • Abak
  • Eastern-Obolo
  • Eket
  • Esit-Eket
  • Essien-Udim
  • Etim-Ekpo
  • Etinan
  • Ibeno
  • Ibesikpo-Asutan
  • Ibiono-Ibom
  • Ika
  • Ikono
  • Ikot Abasi
  • Ikot-Ekpene
  • Ini
  • Itu
  • Mbo
  • Mkpat-Enin
  • Nsit-Atai
  • Nsit-Ibom
  • Nsit-Ubium
  • Obot-Akara
  • Okobo
  • Onna
  • Oron
  • Oruk-Anam
  • Udung-Uko
  • Ukanafun
  • Uruan
  • Urue-Offong/Oruko
  • Uyo