Rivers
Coordenadas: 4°45′N 6°50′L / 4.750, -6.833
Rivers (Ríos) é un dos estados de Nixeria. A súa capital é Port Harcourt. Cunha área de 11.077 km2, tiña unha poboación estimada de 6.689.087 persoas no ano 2005. Limita polo sur co Océano Atlántico, polo norte cos estados de Anambra, de Imo e de Abia, polo leste co de Akwa Ibom e polo oeste cos estados de Bayelsa e do Delta.
A parte sur do estado está formado por selva tropical; cara á costa a paisaxe típica, debido ao río Delta, é de pantanos de mangleiros.
Rivers formou parte do protectorado británico Oil Rivers desde 1885 até 1893, cando pasou a formar parte do protectorado de Costa de Níxer. En 1900 a rexión foi anexionada cos territorios da Royal Niger Company para formar a colonia de Nixeria Meridional.
O estado foi constituído en 1967, coa división da Rexión Leste de Nixeria. Conseguiu en 1976 as cidades de Ughelli, do antigo estado de Bendel e Opobo de Río Cross. Até 1996, Rivers contiña a área que agora forma o estado de Bayelsa.
Contén unha ampla gama de grupos étnicos, como son os: abua, andoni, ekpeye, engenni etche, lbani, lkwerre, kalabari, ogba/egbema/ndoni, okrika e ogoni.
Áreas de goberno local[editar | editar a fonte]
Rivers posúe un total de 23 áreas de goberno local:
Nome | Área (km2) | Poboación (2006) |
Capital | Código postal | |
---|---|---|---|---|---|
Port Harcourt | 109 | 541.115 | Port Harcourt | 500 | |
Obio-Akpor | 260 | 464.789 | Rumuokoro | 500 | |
Okrika | 222 | 222.026 | Okrika | 500 | |
Ogu/Bolo | 89 | 74.683 | Ogu | 500 | |
Eleme | 138 | 190.884 | Eleme | 501 | |
Tai | 159 | 117.797 | Sakpenwa | 501 | |
Gokana | 126 | 228.828 | Kpor | 501 | |
Khana | 560 | 294.217 | Bori | 502 | |
Oyigbo | 248 | 122.687 | Afam | 502 | |
Opobo/Nkoro | 130 | 151.511 | Opobo | 503 | |
Andoni | 233 | 211.009 | Ngo | 503 | |
Bonny | 642 | 215.358 | Bonny | 503 | |
Degema | 1.011 | 249.773 | Degema | 504 | |
Asari-Toru | 113 | 220.100 | Buguma | 504 | |
Akuku-Toru | 1.443 | 156.006 | Abonnema | 504 | |
Abua/Odual | 704 | 282.988 | Abua | 510 | |
Ahoada Oeste | 403 | 249.425 | Akinima | 510 | |
Ahoada Leste | 341 | 166.747 | Ahoada | 510 | |
Ogba/Egbema/Ndoni | 969 | 284.010 | Omuku | 510 | |
Emohua | 831 | 201.901 | Emohua | 511 | |
Ikwerre | 655 | 189.726 | Isiokpo | 511 | |
Etche | 805 | 249.454 | Okehi | 512 | |
Omuma | 170 | 100.366 | Eberi | 512 |