Oyo é dos estados formantes da República Federal de Nixeria, no suroeste desta. Unha estimativa de 2005 apuntaba unha poboación de 6617720 habitantes, nunha área de 28.454km².
Foi creado o 3 de febreiro de 1976 tras a división da antiga Rexión do Oeste. O 27 de agosto de 1991, a parte leste do estado separouse do mesmo, formando Osun.