Cross River é un estado do sueste da República Federal de Nixeria, que fai fronteira con Camerún. A súa capital é a cidade de Calabar.
O estado foi creado o 27 de maio de 1967, a partir do antigo estado do Sueste, aínda que ten o nome actual desde 1976.
Ten unha superficie de 20.156km² e unha poboación que se cifra en 3228182 persoas (2007).