Estadio Nelson Mandela Bay
| Nelson Mandela Bay | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Porto Elizabeth | |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Epónimo
| |||||
|
Deporte
| |||||
| Persoas e organizacións | |||||
|
Ocupante
| |||||
|
Propietario/a
| |||||
|
Arquitecto/a
Architectural Design Associates Dominic Bonnesse Architects | |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Cronoloxía | |||||
| |||||
| Dimensión | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
O Estadio Nelson Mandela Bay en Porto Elizabeth, Suráfrica, é un campo de rugby e fútbol con capacidade para 48.459 espectadores situado na Baía de Nelson Mandela. Actualmente é utilizado polos Southern Kings, equipo do Pro14. Inaugurado o 7 de xuño de 2009, foi unha das sedes da Copa Mundial de Fútbol de 2010.
Construción
[editar | editar a fonte]O estadio, de cinco niveis, e un custo aproximado de 1,1 millóns de rands (ao redor de 150 millóns de dólares), situado na Baía de Nelson Mandela, nomeada en honra do presidente do país e Premio Nobel da Paz Nelson Mandela, construíuse con vistas ao Lago North End, no centro da cidade. É un do tres estadios novos construídos para a disputa da Copa Mundial de Fútbol de 2010.
Trátase do primeiro estadio de fútbol de clase mundial edificado na provincia Oriental do Cabo. O estadio contará con 150 suites VIP, 60 suites de negocios, unha tenda de roupa deportiva, ximnasio e 500 prazas de aparcadoiro, ademais de salóns de actos. Segundo a programación oficial, debería ser concluído en decembro de 2008.

Durante a súa construción, producíronse gran cantidade de especulacións sobre o cumprimento dos prazos de construción do estadio no período previo á Copa Mundial 2010, para cumprir co requisito de que todos os estadios do Mundial da FIFA debían ser completados antes de xaneiro de 2010. O Estadio Nelson Mandela Bay foi o primeiro do cinco novos estadios en iniciar e finalizar a súa construción. Os outros novos estadios están situados en Cidade do Cabo, Durban, Polokwane e Nelspruit. Aínda que con atraso, o estadio axustouse ao calendario previsto e foi completado en xuño de 2009.
O ministro surafricano de Deportes e Recreación, Makhenkesi Stofile, durante unha visita ás obras, lembrou a todos os presentes a necesidade de cumprir os estritos requisitos da FIFA. Tamén expresou a esperanza de que o estadio estaría terminado a tempo para a visita do equipo de inspección da FIFA que decidiría as cidades anfitrioas da Copa FIFA Confederacións 2009.
No entanto, o 8 de xullo de 2008, o comité organizador informou que o escenario non estaría listo a tempo para esta competición, a disputarse entre xuño e xullo de 2009. A pesar diso, o estadio si estaría listo para a Copa Mundial de Fútbol de 2010.[1] O seu acto de inauguración produciuse, finalmente, o 7 de xuño de 2009.[2]
Copa do Mundo 2010
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Copa Mundial de Fútbol de 2010.
Partidos
[editar | editar a fonte]O Nelson Mandela Bay albergou durante o campionato oito encontros: cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final, un de cuartos de final e o partido polo terceiro e cuarto posto. Os partidos foron os seguintes:
| Data | Fase | Equipo | Resultado | Equipo | Espectadores | ||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 12 de xuño | Primeira rolda | Corea do Sur | Grecia | ||||
| 15 de xuño | Primeira rolda | Costa do Marfil | Portugal | ||||
| 18 de xuño | Primeira rolda | Alemaña | Serbia | ||||
| 21 de xuño | Primeira rolda | Chile | Suíza | ||||
| 23 de xuño | Primeira rolda | Eslovenia | Inglaterra | ||||
| 26 de xuño | Oitavos de final | Uruguai | Corea do Sur | ||||
| 2 de xullo | Cuartos de final | Países Baixos | Brasil | ||||
| 10 de xullo | Semifinal | Uruguai | Alemaña |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Reuters: Estadio Mundial Suráfrica, ausente Copa Confederacións. Arquivado 18 de xuño de 2009 en Wayback Machine. Consultado o 8 de xullo de 2008.
- ↑ "ADN: Inaugúrase o Nelson Mandela Bay, primeiro estadio de nova construción.". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2009. Consultado o 11 de xuño de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadio Nelson Mandela Bay |
