Saltar ao contido

Estadio Royal Bafokeng

Royal Bafokeng
Phokeng (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Tipo superficie
Deporte
 Deporte
Implicados
 Ocupante
Datas
 Fundación / creación
1999 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
1999 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Cifras e dimensións
 Capacidade
   42.000 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/07dfw9 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Royal Bafokeng é un estadio multipropósito, mais principalmente dedicado á práctica do fútbol e do rugby, situado en Rustenburg, Suráfrica. Recibe o seu nome da Nación Royal Bafokeng que habita a zona, a cal construíu e xestiona o recinto. Foi unha das sedes da Copa Mundial de Fútbol de 2010.

Construído en 1999, orixinalmente para a práctica do rugby, o estadio foi adecuado para a práctica do fútbol de cara á Copa do Mundo. Tiña capacidade para 38.000 espectadores, mais para a disputa do Mundial de 2010 foi ampliado a 44.530 afeccionados.[1]

A remodelación do Royal Bafokeng completouse en marzo de 2009 para acoller catro partidos da Copa FIFA Confederacións 2009. Anteriormente fora escenario de moitos encontros da Premier Soccer League, a pesar de que Rustenburg non ten equipo propio. Tamén neste estadio se xogaron encontros oficiais da selección de fútbol de Suráfrica.[2]

Copa do Mundo 2010

[editar | editar a fonte]
Interior do Royal Bafokeng.

O Royal Bafokeng albergou durante o campionato seis encontros: cinco encontros da fase de grupos e un de oitavos de final. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
12 de xuño Primeira rolda Inglaterra Inglaterra
1 - 1
Estados Unidos
38.646
15 de xuño Primeira rolda Nova Zelandia
1 - 1
Eslovaquia Eslovaquia
23.871
19 de xuño Primeira rolda Ghana
1 - 1
Australia Australia
34.812
22 de xuño Primeira rolda México
0 - 1
Uruguai Uruguai
33.425
24 de xuño Primeira rolda Dinamarca Dinamarca
1 - 3
Xapón
27.967
26 de xuño Oitavos de final Estados Unidos
1 - 2
Ghana
34.976
  1. "Terra: Copa Confederacións". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 24 de abril de 2021.
  2. "Fifa.com: Royal Bafokeng Stadium.". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]