Soccer City
| Soccer City | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xohanesburgo | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Deporte
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Operador/a
| |||||||||
|
Ocupante
| |||||||||
|
Propietario/a
| |||||||||
|
Arquitecto/a
Boogertman & Partners | |||||||||
|
Enxeñeiro estrutural
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O Soccer City, chamado por motivos publicitarios FNB Stadium (First National Bank), é un estadio de fútbol localizado en Xohanesburgo, Suráfrica, que foi sede de partidos da Copa Mundial de Fútbol de 2010, entre os cales estiveron o partido inaugural e a gran final entre os Países Baixos e España.[1]
Foi construído en 1987, e dispuña de 78.000 espectadores. Foi parcialmente demolido para o mundial de 2010, e a súa capacidade ampliada a 94.700 espectadores sentados, o que o converte no estadio máis grande de África. A maioría dos grandes acontecementos futbolísticos de Suráfrica desenvólvense no FNB, xa que se adapta mellor a estes eventos que o próximo Ellis Park, onde se disputou a final da Copa do Mundo de Rugby de 1995. Soweto e o Centro Nacional de Exposicións en Nasrec están nas súas proximidades. Unha vez remodelado, volveu ser sede de partidos internacionais da selección de fútbol de Suráfrica, disputando o primeiro deles contra Colombia, o 27 de maio de 2010.
Eventos
[editar | editar a fonte]No Soccer City xogouse a final da Copa Africana de Nacións 1996, na que Suráfrica quedou campioa. Tamén foi escenario do primeiro discurso multitudinario de Nelson Mandela, tras a súa liberación en 1990. En 1993 celebráronse no estadio os funerais por Chris Hani, o líder do Partido Comunista de Suráfrica. Foi tamén o escenario para o funeral de Nelson Mandela o 10 de decembro de 2013, cinco días despois do seu falecemento.
Copa do Mundo 2010
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Copa Mundial de Fútbol de 2010.
Soccer City albergará o 11 de xuño de 2010 o partido inaugural do campionato, entre a elección do país anfitrión e a selección de México, e despois catro da primeira rolda, un de oitavos de final, outro de cuartos de final e a gran final. O estadio someteuse a unha importante renovación para o torneo, cun novo deseño inspirado na cerámica tradicional africana. O nivel superior estenderase en todo o estadio para aumentar a capacidade a 94.700 espectadores, con 99 suites executivas. Inclúe a construción dunha cuberta elíptica, novas instalacións de vestiarios e nova iluminación. As obras foron adxudicadas ao consorcio Grinaker-LTA, e comezaron en febreiro de 2007. En xullo de 2009, o estadio estaba practicamente completado, faltando só por plantar o céspede,[2] culminando as obras en decembro de 2009.
Partidos
[editar | editar a fonte]Soccer City albergou durante o campionato oito encontros (incluíndo o partido inaugural e a final): cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final, un de cuartos e a final. Os partidos foron os seguintes:[1]
| Data | Fase | Equipo | Resultado | Equipo | Espectadores | ||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 11 de xuño | Primeira rolda | Suráfrica | México | ||||
| 14 de xuño | Primeira rolda | Países Baixos | Dinamarca | ||||
| 17 de xuño | Primeira rolda | Arxentina | Corea do Sur | ||||
| 20 de xuño | Primeira rolda | Brasil | Costa do Marfil | ||||
| 23 de xuño | Primeira rolda | Ghana | Alemaña | ||||
| 27 de xuño | Oitavos de final | Arxentina | México | ||||
| 3 de xullo | Cuartos de final | Uruguai | Ghana | ||||
| 11 de xullo | Final | Países Baixos | España |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Soccer City". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2019. Consultado o 10 de xuño de 2010.
- ↑ "Soccer City is nearly finished". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2009. Consultado o 10 de xuño de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soccer City |
- Sitio web oficial Arquivado 06 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.
- Soccer City en Google Maps
