Estadio Free State

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vodacom Park
Datos
Localización Bloemfontein, Suráfrica
Construción
Inauguración 1952
Renovación 2008
Estadio
Superficie Céspede
Capacidade 48.000
Eventos

O Free State, chamado por motivos publicitarios Vodacom Park, é un estadio situado en Bloemfontein, Suráfrica, utilizado para encontros de fútbol e de rugby, con capacidade para 48.000 persoas. Será unha das sedes da Copa Mundial de Fútbol de 2010. O seu nome procede da provincia na que está situado, a provincia do Estado Libre (en inglés: Free State).

Datos[editar | editar a fonte]

Inaugurado en 1952, o estadio sufriu unha completa remodelación con ocasión da Copa do Mundo de Rugby de 1995, da que foi sede, para albergar indistintamente encontros de rugby e de fútbol. Os principais equipos de rugby que utilizan o estadio son o Free State Cheetahs, que participa na competición nacional de Suráfrica , a Currie Cup; e o Central Cheetahs, que representa o Estado Libre e as provincias do Cabo Norte no Super 14. O principal equipo de fútbol é o Bloemfontein Celtic, que xoga na liga Premier de Fútbol.

Para a Copa Mundial de Fútbol de 2010, engadiuse un segundo nivel á tribuna principal no lado occidental do campo, aumentando a capacidade total de 36.538 a 48.000 espectadores, aforamento necesario para os estadios na primeira e segunda roldas de partidos do campionato. Ademais, instaláronse novos tornos, mellorouse a iluminación, foron instalados cadros electrónicos, o sistema de son foi renovado ás normas esixidas, instalación de CPTV (circuíto pechado de televisión) e maiores facilidades para os medios de comunicación como melloras das instalacións. Para renovar o estadio, Bloemfontein recibiu 221 millóns de rands, aínda que as estimacións de gastos son de 245 millóns, xa que a cidade decidiu asumir un déficit de 24 millóns.[1] Os traballos comezaron en xullo de 2007, e a súa finalización produciuse en setembro de 2008.[2]

Copa do Mundo 2010[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Copa Mundial de Fútbol de 2010.

Partidos[editar | editar a fonte]

O Nelson Mandela Bay albergou durante o campionato seis encontros: cinco encontros da fase de grupos e un de oitavos de final. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
14 de xuño Primeira rolda Xapón Flag of Japan.svg
1 - 0
Flag of Cameroon.svg Camerún
30.620
17 de xuño Primeira rolda Grecia Grecia
2 - 1
Flag of Nigeria.svg Nixeria
31.593
20 de xuño Primeira rolda Eslovaquia Eslovaquia
0 - 2
Flag of Paraguay.svg Paraguai
26.643
22 de xuño Primeira rolda Francia Francia
1 - 2
Flag of South Africa.svg Suráfrica
39.415
25 de xuño Primeira rolda Suíza Suíza
0 - 0
Flag of Honduras.svg Honduras
28.042
27 de xuño Oitavos de final Alemaña Alemaña
4 - 1
Inglaterra Inglaterra
32.652

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]