Saltar ao contido

Estadi Olímpic Lluís Companys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estadi Olímpic de Montjuïc»)
Estadi Olímpic Lluís Companys
Montjuïc Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
 Estilo
 Deporte
Persoas e organizacións
 Propietario/a
 Arquitecto/a
Pere Domènech i Roura
Datas
 Fundación / creación
1929 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
20 de maio de 1929 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1992Xogos Olímpicos de 1992 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Capacidade55.926 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Código postal
08038 Editar o valor en Wikidata
 Enderezo
Pg. Olímpic, 17-19 Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
Ben Cultural de Interese Local de Cataluña
Id. IPAC39655 Editar o valor en Wikidata
Id. IPAPC15743 Editar o valor en Wikidata
Id. Barcelona1777 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/0653_r Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: palausantjordi Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Panorámica do interior do estadio durante a disputa dun partido disputado entre o RCD Espanyol e o Málaga CF en xuño de 2009.

O Estadi Olímpic Lluís Companys é un estadio de fútbol español da cidade de Barcelona. Chamado antigamente Estadio de Montjuïc, recibiu a súa denominación actual en 2001, na honra a Lluís Companys, presidente da Generalitat de Cataluña durante a Segunda República.

Foi proxectado polo arquitecto Pere Domènech i Roura e inaugurado en 1929 con motivo da Exposición Internacional daquel ano, na montaña de Montjuïc. En 1957 acolleu a única final da Copa de España de fútbol que enfrontou ao RCD Espanyol e o FC Barcelona, os dous equipos máis importantes da cidade condal.

Na década de 1960 foi infrautilizado e as súas bancadas comezaron a evidenciar preocupantes síntomas de ruína. A celebración dos Xogos Olímpicos de 1992 permitiron a súa remodelación a cargo do equipo de arquitectos Correa-Milà-Margarit-Buixadé e coa participación do italiano Gregotti.

Foi renovado completamente para acoller os Xogos Olímpicos. Foi baleirado e rebaixado o nivel da pista e só se conservaron as fachadas exteriores. Alzáronse novas bancadas cunha capacidade total de 55 000 espectadores.

En 1989 foi reinaugurado con motivo da Copa do Mundo de Atletismo, tres anos antes dos Xogos, e foi testemuña das cerimonias de inauguración e de clausura dos Xogos Olímpicos de 1992.

Na tempada 1991/92 xogou no campo a Unió Esportiva Sant Andreu. En 1997 o Reial Club Deportiu Espanyol pasou a xogar os seus partidos despois de abandonar o estadio de Sarrià. O equipo xogaría en Montjuïc ata 2009, cando foi inaugurado o Estadio Cornellà-El Prat.

En 1998 o Comité de Estadios da UEFA outorgou a categoría cinco estrelas ao Estadio Olímpico Lluís Companys, pola que poden celebrarse competicións de fútbol do máximo nivel continental. Esta instalación está preparada para acoller grandes eventos deportivos, culturais e sociais con capacidade para 55 000 espectadores para actos deportivos e ata 68 000 espectadores para concertos.

Do 26 de xullo ao 1 de agosto de 2010 celebrouse no estadio o 20º Campionato de Europa de atletismo, polo que foi novamente remodelado.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]