Arabia Saudita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: szl:Arabja Saudyjsko
PipepBot (conversa | contribucións)
Liña 157: Liña 157:
[[gd:Saud-Aràibia]]
[[gd:Saud-Aràibia]]
[[gv:Yn Araab Saudi]]
[[gv:Yn Araab Saudi]]
[[hak:Sâ-vû-thi Â-lâ-pak]]
[[haw:Saudi ʻAlapia]]
[[haw:Saudi ʻAlapia]]
[[he:ערב הסעודית]]
[[he:ערב הסעודית]]

Revisión como estaba o 7 de xuño de 2008 ás 19:39

Modelo:Infobox País

En galego: Arabia Saudí ou Arabia Saudita, en árabe: سعودية, en inglés: Saudi Arabia, en alemán: Saudi-Arabien, en xaponés: サウジアラビア, en esloveno: Saudova Arabija

O Reino de Arabia Saudí é un país situado na Península de Arabia. Fai fronteira con Iraq, Xordania, Quvait, Omán, Qatar, Emiratos Árabes Unidos e Iemen.

Historia

O estado saudita naceu na Arabia central sobre o 1750. Un líder local, Muhammad bin Saud, uniuse ó reformista islámico Muhammad ibn Abd Al-Wahhab, para crear unha nova entidade política. Durante os seguintes 150 anos, os sauditas loitaron con Exipto, o Imperio Otomano, e outras familias árabes polo control da península. O estado saudita moderno fundouno o rei Abdul Aziz Al-Saud (tamén coñecido coma Abdul Aziz Ibn Saud).

No 1902 Abdul Aziz Al-Saud conquistou Riyadh, a ancestral capital da dinastía Al-Saud, que estaba en poder da familia rival Al-Rashid. Continuando coas súas conquistas, Abdul Aziz someteu Al-Ahsa, Nejd e Hijaz entre 1913 e 1926. O 8 de xaneiro de 1926 Abdul Aziz Al-Saud converteuse no rei de Hijaz. O 29 de xaneiro de 1927 conseguiu o título de Rei de Nejd (anteriormente fora Sultán). Polo Tratado de Jedda, firmado o 20 de maio de 1927, o Reino Unido recoñeceu a independencia do reino de Abdul Aziz (por entón chamado Reino de Hijaz e Nejd). No 1932, esas rexións unificáronse tomando o nome de Reino de Arabia Saudita.

O achado de petróleo o 3 de marzo de 1938 transformou economicamente ó pais. Actualmente Arabia Saudí goza dunha cordial relación coa maioría dos paises occidentais.

Política

A institución principal do goberno de Arabia Saudita é a monarquía. A Lei Básica adoptada no 1992 declara que Arabia Saudí é unha monarquía dirixida polos descendentes do Rei Abdul Aziz Al-Saud, e que o Corán é a constitución do país, que se rexe no legal pola Shari'a. A formación de partidos políticos está prohibida e non se celebran eleccións estatais.

Os poderes do rei están limitados pola Shari'a e outras tradicións sauditas. Tamén debe procurar o consenso da familia real saudita, os líderes relixiosos (ulema) e outras persoas importantes da sociedade saudita. A ideoloxía do estado é o Wahhabismo. Esta seita do Islam tenta expanderse financiando a construción de mesquitas e escolas do Qur'an por todo o mundo. A familia real elixe ó rei de entre os seus membros e sempre coa aprobación dos ulema.

Debido á enfermidade do rei Fahd bin Abdul Al-Aziz a dirección do país recaeu nas mans do seu irmán máis novo, o príncipe herdeiro Abdullah bin Abdulaziz Al Saud que actuou coma rexente ata a morte deste o 1 de agosto do 2005.

División Administrativa

Ficheiro:Provincias de Arabia Saudí.png

Arabia Saudí está divida en 13 provincias (mintaqat).

  1. Provincia de Al-Bahah
  2. Provincia de Al-Hudud ash Shamaliyah
  3. Provincia de Al-Jawf
  4. Provincia de Al-Madinah
  5. Provincia de Al-Qasim
  6. Provincia de Ar Riyad
  7. Provincia de Ash Sharqiyah
  8. Provincia de 'Asir
  9. Provincia de Ha'il
  10. Provincia de Jizan
  11. Provincia de Makkah
  12. Provincia de Najran
  13. Provincia de Tabuk

Economía

Véxase o artigo Economía da Arabia Saudí.

Ligazóns externas

Mapas e imaxes

Modelo:Link FA