Abdul Aziz Al-Saud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Abdul Aziz Al-Saud
Ibn Saud.jpg
Nacemento 15 de xaneiro de 1876
  Riad
Falecemento 9 de novembro de 1953
  Ta’if
Causa Infarto agudo de miocardio
Soterrado Al Oud cemetery
Nacionalidade Emirado do Négede e Hasa, Sultanato do Négede, Reino do Hejaz e Nejd e Arabia Saudita
Relixión Sunnismo
Ocupación político
Pai Abdul Rahman bin Faisal
Nai Sarah Al Sudairi
Cónxuxe Fahda bint Asi Al Shuraim, Hassa bint Ahmed Al Sudairi, Al Jawhara bint Musaed Al Jiluwi, Baraka Al Yamaniyah, Sharifa bint Saqr Al Fajri, Wadhah Bint Muhammad, Sarah bint Abdullah bin Faisal, Tarfah bint Abdullah Al Sheikh, Lulua bint Salih Al Dakhil e Haya bint Sa'ad Al Sudairi
Fillos Saud bin Abdul Al-Aziz, Faysal bin Abdelaziz Al Saud, Khalid bin Abdul Aziz, Fahd bin Abdul Al-Aziz, Abdullah bin Abdulaziz Al Saud, Salmán I, Turki I bin Abdul-Aziz Al Saud, Muhammad bin Abdulaziz Al Saud, Nasser bin Abdulaziz, Saad bin Abdulaziz, Mansour bin Abdulaziz Al Saud, Nayef bin Abdul-Aziz Al Saud, Latifa bint Abdulaziz, Bandar bin Abdulaziz Al Saud, Mishaal bin Abdulaziz Al Saud, Seeta bint Abdulaziz Al Saud, Mamdouh bin Abdulaziz, Al Jawhara bint Abdulaziz Al Saud, Al-Bandari bint Abdul-Aziz Al Saud, Abdul Ilah bin Abdulaziz Al Saud, Mashhur bin Abdulaziz Al Saud, Fawwaz bin Abdulaziz Al Saud, Badr bin Abdulaziz Al Saud, Hazloul bin Abdulaziz Al Saud, Abdul Majeed bin Abdulaziz Al Saud, Turki II bin Abdul-Aziz Al Saud, Talal bin Abdulaziz Al Saud, Ahmed bin Abdulaziz Al Saud, Sultan bin Abdul Aziz, Abdul-Rahman bin Abdul-Aziz Al Saud, Mutaib bin Abdulaziz Al Saud, Muqrin bin Abdulaziz Al Saud, Sattam bin Abdul-Aziz Al Saud, Nawwaf bin Abdulaziz Al Saud, Musa'id bin Abdulaziz Al Saud, Thamir bin Abdulaziz Al Saud, Hamoud bin Abdulaziz Al Saud, Abdul Muhsin bin Abdulaziz Al Saud, Majid bin Abdulaziz Al Saud, Mishari bin Abdulaziz Al Saud, Haya bint Abdulaziz Al Saud, Luluwah bint Abdul-Aziz Al Saud, Sultana bint Abdul-Aziz Al Saud, Nura bint Abdulaziz, Munira bint Abdulaziz, Khalid bin Abdulaziz e Anud bint Abdulaziz
Irmáns Noura bint Abdul Rahman Al Saud, Muhammad bin Abdul-Rahman e Abdullah bin Abdul-Rahman
Premios Knight Commander of the Order of the Bath, Ordem do Banho e Legião do Mérito
editar datos en Wikidata ]
Abdul Aziz Al-Saud

Abdul Aziz bin Abdul Rahman ibn Faisal Al Saud (en árabe عبد العزيز بن عبد الرحمن بن فيصل ال سعود), chamado Abdul Aziz Al-Saud, Abdul Aziz Ibn Saud ou simplemente Ibn Saud, nado en Riad probablemente o 24 de novembro de 1880 e finado en Taif o 9 de novembro de 1953, foi un nobre árabe, o primeiro rei de Arabia Saudita.

Naceu no seo da Casa de Saud (tamén chamada Casa de Sa'ud), que mantivo historicamente o dominio sobre as terras do interior de Arabia coñecidas coma Nejd.

Perda e reclamación do poder[editar | editar a fonte]

En 1890, con 10 anos, Saud acompañou á súa familia no seu exilio en Kuwait trala conquista das terras da familia por parte dos Rashidi.

No 1901, á idade de 21 anos, Ibn Saud sucedeu ó seu pai, Abdul Rahman bin Faisal como líder da familia Saud co título de sultán de Nejd. Foi nese intre cando comezou a loitar por reconquistar as terras da súa familia. En 1902, coa axuda dun grupo de familiares e serventes, reconquistou Riyadh, empregando tan só vinte homes, tras asasinar ó gobernador Rashidi da cidade. Ibn Saud estaba considerado un líder moi carismático e os antigos aliados da Casa de Saud acudiron na súa axuda trala captura da cidade.

Nos seguintes dous anos, reconquistou case a metade de Nejd. En 1904 Ibn Rashid pediu axuda ó Imperio Otomán para derrotar á Casa de Saud. Os otománs enviaron tropas a Arabia, obrigando a Ibn Saud a pórse á defensiva. Os exércitos da Casa de Saud sufriron unha gran derrota o 15 de xuño de 1904, pero recuperaron as súas forzas rapidamente e retomaron a ofensiva ó mesmo tempo que as tropas turcas se retiraban por falta de subministros. Coa axuda dun exército organizado ben adestrado, Ibn Saud consolidou o seu control sobre Nejd no 1912.

A Primeira Guerra Mundial e a creación de Arabia Saudita[editar | editar a fonte]

Durante a Primeira Guerra Mundial o goberno británico tentou conseguir o favor de Ibn Saud, pero xeralmente favoreceron ó seu rival Sherif Hussein ibn Ali, líder dos Hejaz, cos que os Sauds estaban en guerra case constante. Non obstante, os británicos asinaron un tratado en decembro de 1915 converteron as terras da Casa de Saud nun protectorado británico. A cambio, Ibn Saud comprometeuse a retomar a guerra contra os Rashidi, que eran novamente aliados dos otománs.

Pero Ibn Saud non declarou inmediatamente a guerra a Ibn Rashid a pesar de recibir un cargamento de armas e 5 000 £ ó mes dos británicos. Puxo coma escusa ante os británicos que o pago que recibiu era insuficiente para levar a cabo satisfactoriamente unha guerra contra un inimigo tan poderoso coma os Rashidi. Finalmente, en 1920, a Casa de Saud marchou contra os Rashidi, derrotándoos definitivamente no 1922. A derrota de Ibn Rashid dobrou o territorio dos Saud e as axudas británicas continuaron ata 1924.

En 1925 os Sauds capturaron a cidade santa da Meca, en poder de Sherif Hussein ibn Ali, rematando con 700 anos de tutela dos lugares santos islámicos por parte dos Hashemitas.

Foi declarado rei de Hejaz o 10 de xaneiro de 1926.

En 1927, os británicos recoñeceron a soberanía da familia Saud sobre o que hoxe se coñece coma Arabia Saudita. Nese intre, Ibn Saud cambiou o seu título de Sultán de Nejd polo de Rei de Hejaz e Nejd.

Dende 1927 ata 1932, Ibn Saud continuou consolidando o seu poder sobre a Península Arábiga. En 1932, tras conquistar case toda a península, Saud renomeou a zona chamándoa Arabia Saudita e proclamouse Rei de Arabia Saudita co apoio do goberno británico.

Petróleo e Guerras[editar | editar a fonte]

En 1938 descubriuse petróleo e Ibn Saud, a través do seu conselleiro Harry St. John Bridger Philby concedeu unha substancial autoridade sobre as explotacións petrolíferas ás compañías petroleiras estadounidenses. Nos primeiros tempos do gran boom do petróleo, a maioría dos cartos recibidos polo goberno saudita foron a parar ós cofres da familia real. Non obstante, a medida que os ingresos polo petróleo creceron, Ibn Saud comezou a gastar parte deses ingresos en mellorar a calidade de vida dos seus súbditos.

Saud forzou a moitas tribos nómades a establecerse en emprazamentos fixos e a abandonar as "pequenas guerras" e as vinganzas. Tamén se esforzou por loitar contra o crime, especialmente esforzouse por evitar os ataques contra os peregrinos que visitaban as cidades santas de Meca e Medina.

Arabia Saudita mantívose neutral durante a Segunda Guerra Mundial, pero xeralmente foi considerado como parte dos aliados.

No 1948 Saud participou na Guerra Árabe-Israelí, aínda que a súa participación foi considerada puramente simbólica.

Familia e sucesión[editar | editar a fonte]

Ibn Saud tivo 52 fillos (dos cales 37 foron homes) con diferentes mulleres:

  1. Con Wadhba bint Muhammad al-Hazzam
    1. Turki (1917-1919)
    2. Saud (1902-1969)
  2. Con Bazza
    1. Nasser (1919-)
    2. Bandar (1923-)
    3. Fawwaz (1934-)
  3. Ca Princesa Jauhara bint Musaid Al Saud
    1. Muhammad (1910-1988)
    2. Khalid (1913-1982)
    3. Anud (1917-)
  4. Con Jauhara bint Saad al-Sudairy
    1. Saad (1920-1990)
    2. Musaid (1923-)
    3. Abdalmohsen (1925-1985)
  5. Con Shahida
    1. Mansur (1922-1951)
    2. Mishal (1926-)
    3. Qumasha (1927-)
    4. Muteb (1931-)
  6. Ca Princesa Haya bint Sa'ad al-Sudairy (1913-2003)
    1. Badr (1933-)
    2. Hassa
    3. Abdalillah (1935-)
    4. Abdalmajid (1940-)
    5. Mashael
  7. Con Hessa bint Ahmad al-Sudairy
    1. Fahd (1923-2005)
    2. Sultan (1928-)
    3. Abdalrahman (1931-)
    4. Turki (1932-)
    5. Nayef (1934-)
    6. Salman (1936-)
    7. Ahmad (1940-)
    8. Lulwah
  8. Con Fahda
    1. Khaled (1903-)
    2. Faisal (1904-1975)
    3. Fahd (1905-1919)
    4. Abdallah (1921-)
    5. Shaikha (1922-)
    6. Talal (1930-1931)
    7. Jauhara
    8. Talal (1931-)
    9. Daughter
    10. Badr (1931-1932)
    11. Mishari (1932-2000)
    12. Nawwaf (1933-)
    13. Thamir (1937-1959)
    14. Majed (1938-2003)
    15. Mamduh (1940-)
    16. Sattam (1941-)
    17. Hathloul (1941-)
    18. Nura (?-1930)
    19. Abdalsalam (1941-)
    20. Mashhur (1942-)
    21. Jiluwi (1942-1944)
    22. Muqren (1945-)
    23. Hamud (1947-)
    24. Sara (1916-2000)

Ibn Saud foi o pai de tódolos reis de Arabia Saudita que o sucederon.

Precedido por:
--
Reis de Arabia Saudita Sucedido por:

Saud bin Abdul Aziz

Precedido por:

Abdul Rahman bin Faisal Al Saud

Líderes da Casa de Saud Sucedido por:

Saud bin Abdul Aziz

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]