Manuel Ferreiro Fernández: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Traxectoria: corrección na ligazón de Universo Cantigas
Engadida ligazón interna
Liña 11: Liña 11:

Con anterioridade exercera durante varios anos a docencia como Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Bacharelato ([[IES de Elviña]], na cidade da Coruña).
Con anterioridade exercera durante varios anos a docencia como Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Bacharelato ([[IES de Elviña]], na cidade da Coruña).
[[Ficheiro:1progalpor.jpg|miniatura|Manuel Ferreiro Fernández con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: [[Anxo González Guerra]], [[Manuel Castelao|Manuel Castelao Mexuto]], Luís Cambeiro Cives, [[Vitoria Ogando]], [[Tareixa Roca]] Sánchez, [[María dos Anxos González Refoxo]], Ramona Giráldez Domínguez, [[María Xosé Queizán]] Vilas, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, [[Francisco Salinas Portugal]], [[César Morán]] Fraga. A Coruña, 09/09/2017]]
[[Ficheiro:1progalpor.jpg|miniatura|Manuel Ferreiro Fernández con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: [[Anxo González Guerra]], [[Manuel Castelao|Manuel Castelao Mexuto]], Luís Cambeiro Cives, [[Vitoria Ogando]], [[Tareixa Roca]] Sánchez, [[María dos Anxos González Refoxo]], [[Ramona Giráldez]] Domínguez, [[María Xosé Queizán]] Vilas, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, [[Francisco Salinas Portugal]], [[César Morán]] Fraga. A Coruña, 09/09/2017]]
Foi director da colección ''Documenta'' das publicacións da Biblioteca-Arquivo '[[Francisco Pillado Maior]]' da [[Universidade da Coruña]]. Así mesmo, é o director de GLOSSA<ref>{{Cita web|título = Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa|url = http://glossa.gal|páxina-web = glossa.gal|data-acceso = 2015-11-29|urlarquivo = https://web.archive.org/web/20190410212743/http://glossa.gal/|dataarquivo = 10 de abril de 2019|urlmorta = yes}}</ref>, que constitúe o primeiro repertorio lexical dicionarizado, contextualizado e exhaustivo do corpus da lírica profana galego-portuguesa: [[Cantiga de amor|cantigas de amor]], [[Cantiga de amigo|cantigas de amigo]] e mais [[Cantiga de escarnio e maldicir|cantigas de escarnio e maldicir]], para alén dalgúns textos doutros xéneros con menor representación. Na actualidade, dirixe o proxecto ''[https://universocantigas.gal Universo Cantigas]'', que está a realizar a edición do corpus completo das cantigas medievais galego-portuguesas.

Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2022 ás 18:27

Infotaula de personaManuel Ferreiro Fernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Saavedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Hispánica
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoInvestigación
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 201

Manuel Ferreiro Fernández, nado en Saavedra (Begonte) en 1955, é un lingüista e escritor galego.

Traxectoria

Licenciado (1978), graduado (1979) e doutor (1990) en Filoloxía Hispánica (Subs.: Filoloxía Galego-Portuguesa) pola Universidade de Santiago de Compostela. É catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, e é un recoñecido investigador da Lingüística Histórica e Historia da Lingua Galega, nas súas liñas de investigación tamén se inclúe a Ecdótica de textos antigos galegos (medievais, medios e decimonónicos) e a Crítica Textual galego/portuguesa.

Con anterioridade exercera durante varios anos a docencia como Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Bacharelato (IES de Elviña, na cidade da Coruña).

Manuel Ferreiro Fernández con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Anxo González Guerra, Manuel Castelao Mexuto, Luís Cambeiro Cives, Vitoria Ogando, Tareixa Roca Sánchez, María dos Anxos González Refoxo, Ramona Giráldez Domínguez, María Xosé Queizán Vilas, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, Francisco Salinas Portugal, César Morán Fraga. A Coruña, 09/09/2017

Foi director da colección Documenta das publicacións da Biblioteca-Arquivo 'Francisco Pillado Maior' da Universidade da Coruña. Así mesmo, é o director de GLOSSA[1], que constitúe o primeiro repertorio lexical dicionarizado, contextualizado e exhaustivo do corpus da lírica profana galego-portuguesa: cantigas de amor, cantigas de amigo e mais cantigas de escarnio e maldicir, para alén dalgúns textos doutros xéneros con menor representación. Na actualidade, dirixe o proxecto Universo Cantigas, que está a realizar a edición do corpus completo das cantigas medievais galego-portuguesas.

Obra

Monografías

Edicións críticas

  • As cantigas de Rodrigu'Eanes de Vasconcelos. Edición crítica con introdución, notas e glosário, Santiago de Compostela, 1992, Edicións Laiovento (136 pp.) ISBN 84-87847-14-5.
  • Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume I: Queixumes dos Pinos. Ed. de..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1995 [Introdución (LXXXIX pp.) + Textos e Variantes (192 pp.) + Notas críticas (134 pp.)] ISBN 84-7824-144-2.
  • Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume II: Poemas Impresos. 2001, Ed. de ..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco [Introdución (XIV pp.) + Textos e Variantes (120 pp.) + Notas críticas (214 pp.)] ISBN 84-7824-144-2.
  • Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume III: Poemas Manuscritos, 2002, Ed. de ..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco [Introdución (XXII pp.) + Textos e Variantes (251 pp.) + Notas críticas (344 pp.)] ISBN 84-7824-406-9.
  • Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Vol. IV: Os Eoas, 2005, Ed. de M. Ferreiro, Santiago, Sotelo Blanco.

Obras colectivas

Premios de investigación

No ano 2006 recibe o XXI Premio Antón Losada Diéguez de Investigación pola obra Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Vol. IV: Os Eoas.

No ano 2014 recibe o IX Premio de Investigación 'Concepción Arenal' de Humanidades 2014 polo proxecto Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa.

Notas

  1. "Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa". glossa.gal. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 2015-11-29. 

Véxase tamén

Ligazóns externas