Laura Tato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Laura Tato Fontaíña»)
Laura Tato
Laura Tato.jpg
Nome completoLaura Tato Fontaíña
Nacemento14 de xullo de 1951
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritora
Na rede
AELG: 424 Dialnet: 504680
editar datos en Wikidata ]

Laura Tato Fontaíña, nada en Vigo o 14 de xullo de 1951, é unha estudosa da literatura galega e especialista en teatro.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1973 e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa en 1996 pola Universidade da Coruña.[3] Tras exercer a docencia durante quince anos no ensino privado, foi Catedrática de Filoloxías Galega e Portuguesa do Departamento de Letras[4] da Universidade da Coruña ata a súa xubilación en 2021. Reside en Ferrol.

Está especializada en teatro galego, sobre todo no da etapa anterior á guerra civil. Formou parte do equipo coordinador da Historia da Literatura Galega, en 5 volumes, publicada pola AS-PG e A Nosa Terra entre 1996 e 1998. Foi a directora filolóxica da Biblioteca Virtual Galega da Universidade da Coruña de 2001 a 2004. Desde a súa creación, en 1997, dirixe a Serie Azul, 'Literatura Teatral Galega', das publicacións da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor da Universidade da Coruña, da que é coordinadora científica.[5]

Foi candidata do Bloque Nacionalista Galego a senadora pola provincia da Coruña nas eleccións de abril e novembro de 2019.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

Artigos[editar | editar a fonte]

Laura Tato é autora de dous traballos deste tipo indispensábeis para coñecer o teatro posterior á guerra civil. Estes son:

  • "O teatro actual", in V.V.A.A. (1996-1998): Historia da Literatura Galega, Vigo, A Nosa Terra. Volume V; p.p.: 1410-1440.
  • "O teatro desde 1936", in Darío Villanueva (coordinador) (2001): Galicia. Literatura: A Literatura desde 1936 ata Hoxe: Poesía e Teatro, A Coruña, Hércules de Ediciones. Volume XXXIII; p.p.: 443-509.

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Memória acerca da Dramática Galega, de Galo Salinas, Cadernos de Teatro.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Ricardo Carvalho Calero, a dignidade Persoal (1994). Concello de Ferrol. Con Pilar Pallarés.
  • Rafael Dieste (1995). AS-PG. Con Pilar Pallarés.
  • A casamenteira, de Antonio Benito Fandiño (2000). Linteo. Con Xosé Ramón Barreiro e Carmen Blanco.
  • Literatura Galega: Século XX (2001). A Nosa Terra.
  • ¡Mal Ollo!... Comedia de ambente mariñeiro, de Cándido A. González (2004). Universidade da Coruña. Con Manuel Ferreiro e Xan Fraga.
  • Documentos Para a Historia do Teatro Galego (1919-1924) (2005). Universidade da Coruña. Con Silvana Castro García.
  • Luís Manteiga: Intres (1934-1935) (2005). Edicións do Castro. Con Manuel Ferreiro.
  • Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa/Guidelines for the Edition of Medieval Galician-Portuguese Troubadour Poetry (2007) Universidade da Coruña. Con Manuel Ferreiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro.
  • A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza (2008). Baía Edicións. Con Manuel Ferreiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro.
  • Estudos Galego-Brasileiros. 3 (2009). De Letras (Río de Xaneiro. Con Maria Amparo Tavares Maleval.
  • Estudos galego-brasileiros. 4, Lingua, literatura, identidade (2010). Universidade da Coruña. Con Maria Amparo Tavares Maleval.
  • Modelos de lingua e compromiso (2014). Baía.
  • Os contos de Joselín. Primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954) (2014). eCental Folque. ISBN 978-84-940598-3-4.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Gañadora do IV Certame de Investigación Lingüística e Literaria Ricardo Carvalho Calero, convocado pola Asociación Cultural Medulio e o Concello de Ferrol, no 1993, por Teatro e Nacionalismo. Ferrol 1915-1936.
  • Gañadora do XVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais no 2013, por Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións de Ramón Otero Pedrayo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha de Laura Tato Fontaíña". pdi.udc.es. Consultado o 2021-09-11. 
  2. "Laura Tato Fontaíña". scholar.google.es. Consultado o 2021-09-12. 
  3. "Laura Tato". www.aelg.gal. Consultado o 2021-09-12. 
  4. "Grupo de Invetigación Lingüística". illa.udc. 
  5. "Laura Tato". www.aelg.gal. Consultado o 2021-09-12. 
  6. Galego, BNG-Bloque Nacionalista. "[Senado] Candidatura pola Coruña". BNG - Bloque Nacionalista Galego (en castelán). Consultado o 2021-09-12.