Ecdótica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Ecdótica en filoloxía é a crítica do texto cuxa finalidade é a de aproximar de novo un texto o máis posíbel á súa forma orixinaria, é dicir, á que quixo o autor. Deriva do grego ἔκδοτος ékdotos editado: ecdótica é o termo usado polo filólogo francés Dom Henri Quentin (1872-1935).

A crítica textual abrangue todo tipo de texto, do literario ao musical.

Tal crítica necesita o coñecemento doutros campos do saber, entre os cales están a historia, a literatura, a lingua e a filosofía subxacentes ao texto. No caso dun texto literario, a finalidade da ecdótica é establecer a edición do texto mesmo, posibelmente unha edición crítica.

Historia[editar | editar a fonte]

Nada no período helenístico co obxectivo da restauración dos textos, a crítica textual adornouse durante o humanismo coa contribución de varias disciplinas, das históricas ás xurídicas.

A finais do século XVIII, grazas aos progresos da filoloxía, da técnica formal e da elaboración de referencias e modelos racionais, asumiu, aínda máis conscientemente, a función de historiador da tradición do libro que se estaba a examinar.[1]

Fases[editar | editar a fonte]

Habitualmente, a ecdótica segue as fases seguintes:[1]

  • Recoñecemento da tradición, ou sexa, a recuperación de todos os materiais aptos para a reconstrución do texto. a tradición subdivídese en directa, no caso de textos impresos, manuscritos, esbozos, e no tipo indirecto, en presenza de comentarios, citacións, imitacións e traducións.
  • Colocación da tradición directa.
  • Eliminación das copias das que dispoñamos do orixinal.
  • Definición do chamado stemma codicum ou árbore xenealóxica, é dicir, a representación dos varos estadios de modificación do texto sucedidos durante a transmisión.
  • Conxectura. Onde intervén a tradición indirecta, por medio de operacións de tipo intuitivo e interpretativo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Le Muse", De Agostini, Novara, 1965, Vol.IV, páx.13-14

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]