María Canosa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Obra: engadida unha tradución
Liña 67: Liña 67:
* ''O neno inverno'', 2016, Galaxia.
* ''O neno inverno'', 2016, Galaxia.
* ''O que nunca che contaron'', con [[Kike Gómez]], [[2017]], Oqueleo.
* ''O que nunca che contaron'', con [[Kike Gómez]], [[2017]], Oqueleo.
* ''A cazadora de estrelas'', 2017, Xerais. 2021: 5ª ed. Ilustacións de Dani Padrón.
* ''A cazadora de estrelas'', 2017, Xerais. 2021: 5ª ed. Ilustracións de Dani Padrón.
* ''Muriel'', 2017, Xerais.
* ''Muriel'', 2017, Xerais.
* ''Caderno de lúas'', 2018, Bululú
* ''Caderno de lúas'', 2018, Bululú
Liña 76: Liña 76:
*''As pombas de Bastián'' ([[2021]]). Xerais, Merlín. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-845-6. ePub: ISBN 978-84-9121-857-9. Ilustracións de Noemí López.
*''As pombas de Bastián'' ([[2021]]). Xerais, Merlín. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-845-6. ePub: ISBN 978-84-9121-857-9. Ilustracións de Noemí López.
*''H2... oh! Pingas científicas'' (2021). Vigo: Galaxia. 88 páxs. ISBN 978-84-9151-628-6. Ilustracións de [[Luz Beloso]]. Divulgación.
*''H2... oh! Pingas científicas'' (2021). Vigo: Galaxia. 88 páxs. ISBN 978-84-9151-628-6. Ilustracións de [[Luz Beloso]]. Divulgación.
*''Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa'' (2021). Bululú. 48 páxs. Ilustracións de Bea Gregores.
*''Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa'' (2021). Bululú. 48 páxs. Ilustracións de Bea Gregores. Traducida ao castelán.<ref>{{Cita web|título=Emilia Pardo Bazán. Una mente poderosa|url=http://bibliotraducion.uvigo.es/bibliotraducion/traduccions_ver.php?id=7968|páxina-web=bibliotraducion.uvigo.es|data-acceso=2022-01-12}}</ref>


=== Narrativa ===
=== Narrativa ===

Revisión como estaba o 12 de xaneiro de 2022 ás 16:17

Infotaula de personaMaría Canosa

María Canosa Blanco
Nome orixinalMaría Canosa Blanco
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1978
Cee
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
Formación profesionalLicenciada en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
EducaciónUniversidade da Coruña
Coñecido pora súa participación como xurado en programas concurso da TVG
Actividade
Ocupaciónenxeñeira civil, escritora de literatura infantil e xuvenil
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
Fillosdúas fillas
PaisManuel Canosa Santamaría Editar o valor em Wikidata  e Concha Blanco
Premios
Véxase o texto

Twitter: _MariaCanosa AELG: 315 Dialnet: 2614813 Editar o valor em Wikidata


María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha enxeñeira de Camiños, Canais e Portos galega,[1] coñecida pola súa participación como xurado en programas concurso da Televisión de Galicia e como escritora de literatura infantil e xuvenil.

Traxectoria

Filla da escritora Concha Blanco Blanco e do profesor e escultor Manuel Canosa Santamaría[2], trasladouse á Coruña desde a súa vila natal para os seus estudos universitarios, titulándose como Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña. Traballou como enxeñeira e foi Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. Desde os sus inicios profesionais compaxinou a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. De algunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais.

María Canosa e Jorge
María Canosa e Jorge Mira son os expertos do concurso Coma un allo da TVG
Presentadores de Coma un allo da TVG

Colabora como articulista en La Voz de Galicia,[3] e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e de Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011,[4] ata principios de 2013, cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e letras foi substituído polo concurso Verbas van, en que tamén ocupou o posto de experta. Actualmente mantén esta actividade no programa Coma un allo.

Recibiu distintos premios literarios, entre os que destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil, convocado por Edicións Xerais, no ano 2017, pola obra Muriel.[5][6]

Obra

Literatura infanto-xuvenil

  • Bramido maino, 1997, Ediciós do Castro.
  • A pedra de seixo, 1997, Sotelo Blanco.
  • Á espreita na penumbra, 1999, Sotelo Blanco.
  • Leo era un león, 2002. Ir Indo.
  • San Xoán, 2006.
  • Leite con cacao, 2007.
  • Entre papoulas, 2009, Everest Galicia.
  • Faíscas, 2009, Galaxia.
  • Matías, un pito de campionato, 2010, Galaxia.
  • O papaventos de Laura, 2011, Deputación de Ourense. Premio Pura e Dora Vázquez
  • O Crebanoces, 2011, Pablo Zaera Editor. Publicado tamén en castelán.
  • A tartaruga de Martiño, 2011, Everest Galicia.
  • Acuario, 2012, Edicións Embora.
  • Xiana, a nena pirata, 2012, Everest Galicia.
  • Viaxes de inverno, 2013, Everest Galicia.
  • Acuario 2, 2014, Embora.
  • Ana xa chegou!, 2014, Everest Galicia.
  • Druídas, 2014, Edicións Embora.
  • Papá, que son os sorrisos?, 2014, Galebook.
  • Pasen e miren, 2014, Bululú. Publicado tamén en castelán e catalán.
  • Vagalume de versos, 2014, Galaxia.
  • Rubicundo, 2015, Xerais.
  • Parar o Mundo, 2015, Editorial Trifolium.
  • O día que choveu do revés, 2016, Xerais.
  • O libro dos medos, 2016, Bolanda.
  • O neno inverno, 2016, Galaxia.
  • O que nunca che contaron, con Kike Gómez, 2017, Oqueleo.
  • A cazadora de estrelas, 2017, Xerais. 2021: 5ª ed. Ilustracións de Dani Padrón.
  • Muriel, 2017, Xerais.
  • Caderno de lúas, 2018, Bululú
  • O ladrón de voces, 2019, Edicións Embora.
  • Candorcas e unicornios (2019). Galaxia. Col. Árbore.
  • Unha fábrica de bicos (2020). Xerais. Col. Merliño
  • Lobo Ramón (2020). Oqueleo. Serie Amarela
  • As pombas de Bastián (2021). Xerais, Merlín. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-845-6. ePub: ISBN 978-84-9121-857-9. Ilustracións de Noemí López.
  • H2... oh! Pingas científicas (2021). Vigo: Galaxia. 88 páxs. ISBN 978-84-9151-628-6. Ilustracións de Luz Beloso. Divulgación.
  • Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa (2021). Bululú. 48 páxs. Ilustracións de Bea Gregores. Traducida ao castelán.[7]

Narrativa

Ensaio

  • A peregrina gastrónoma, 2019, Somos Libros
  • La peregrina gastrónomas, 2019, Somos Libros (edición bilingüe)

Poesía

  • Ronca o mar, 2011, Edicións Fervenza. Publicado en castelán no 2012, baixo o título Ronca el mar, en Pigmalión.

Obras colectivas

  • Dezaseis relatos, 1995, Concello de Pontedeume.
  • Nós, 1997, Batallón Literario da Costa da Morte.
  • Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso.
  • O trasno rebuldeiro (Antoloxía de literatura infantil da Costa da Morte), 1997, Asociación Neria.
  • Mini-relatos, 1999, Libraría Cartabón.
  • Narradoras, 2000, Xerais.
  • Achegamento ao libro, 2001.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Tres blues e un rap, 2008, Galix-Xunta de Galicia.
  • Ditos sobre o libro e a lectura, 2009. Concello da Coruña.
  • Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega, 2012, Endymion Poesía.
  • O libro dos Reis Magos, 2012, Xunta de Galicia.
  • Contos da taberna, 2014, Edicións Embora.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • Será correcto?, con Concha Blanco, 2016, Hércules de Edicións.
  • Relatos da Ulloa, 2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis.
  • Libres e vivas (2021). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9.[9]

Premios

Notas

  1. "María Canosa". Edicións Xerais de Galicia. 
  2. "Una boda muy literaria". La Voz de Galicia. 4 de xuño de 2010. 
  3. "María Canosa". La Voz de Galicia. 
  4. "María Canosa, nova colaboradora de "Cifras e Letras": «Gústanme tanto as ciencias coma as letras, a técnica aliméntame a cabeza e a literatura, o corazón»". CRTVG. 20 de setembro de 2011. 
  5. "María Canosa: «’Muriel’ naceu da necesidade de espir os sentimentos, ao calado, en voz baixa»". Edicións Xerais de Galicia. 3 de novembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 01 de febreiro de 2019. 
  6. Patricia Blanco (31 de outubro de 2017). "«Muriel», o premio Merlín de María Canosa, xa na rúa". La Voz de Galicia. 
  7. "Emilia Pardo Bazán. Una mente poderosa". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-12. 
  8. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-11. 
  9. "Libres e vivas". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-02-10. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas