Río Sil: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
erros ortográficos e mellora expresión
Liña 17: Liña 17:
| lenda mapa = Conca do río [[Río Miño|Miño]] no territorio galego
| lenda mapa = Conca do río [[Río Miño|Miño]] no territorio galego
}}
}}
O '''Sil''' é un [[río]] do noroeste da [[Península Ibérica]] que discorre polas provincias de [[provincia de León|León]] e [[provincia de Ourense|Ourense]], facendo no seu último tramo de fronteira entre esta última e a de [[provincia de Lugo|Lugo]], na zona noroeste de [[España]]. É o principal afluente do [[río Miño]] e o río máis caudaloso de [[Galicia]], popularmente dise que «o Sil leva a auga e o Miño a fama», afirmación comprobable, pois o caudal do Sil é maior que o do Miño.
O '''Sil''' é un [[río]] do noroeste da [[Península Ibérica]] que discorre polas provincias de [[provincia de León|León]] e [[provincia de Ourense|Ourense]], facendo no seu último tramo de fronteira entre esta última e a de [[provincia de Lugo|Lugo]], na zona noroeste de [[España]]. É o principal afluente do [[río Miño]], coa que comparte a expresión popular de «o Sil leva a auga e o Miño a fama».


== Características ==
== Características ==

Revisión como estaba o 21 de abril de 2020 ás 19:37

Sil
Vista dos canóns do Sil
PaísEspaña España
Comunidades AutónomasGalicia Galicia
Castela e León Castela e León
NacementoLa Cueta, León
Altitude1980 m
Lonxitude228 km
Conca4 500 km²
Caudal medio100 m3/s
Desembocadurarío Miño
Conca do río Miño no territorio galego

O Sil é un río do noroeste da Península Ibérica que discorre polas provincias de León e Ourense, facendo no seu último tramo de fronteira entre esta última e a de Lugo, na zona noroeste de España. É o principal afluente do río Miño, coa que comparte a expresión popular de «o Sil leva a auga e o Miño a fama».

Características

Nace en La Cueta, León, ao pé de Peña Orniz, a 1980 metros de altitude. Após pasar polas comarcas de Laciana e do Bierzo (nesta, cruza a vila de Ponferrada), entra en Galicia pola provincia de Ourense, onde atravesa o Montefurado. Antigamente o seu leito rodeaba este monte nun percorrido de 3 km.

No seu tramo medio define a fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense. Xúntase co Miño no lugar dos Peares. Preto da intersección entre o río Sil e o río Miño están os Canóns do Sil. O seu curso é de 228 km, pasando por vilas como Villablino, Toreno, Ponferrada, O Barco de Valdeorras, A Rúa e Quiroga. A súa conca é de 8 020 km².

Tanto o seu caudal como o dos seus afluentes é moi estable.

A sona de ser o río máis caudaloso de Galicia está xustificada: No anuario hidrolóxico da confederación hidrográfica Miño-Sil aparece que o encoro de San Pedro, a poucos quilómetros da xuntanza co Miño, rexistra moito máis paso de auga que o de Os Peares, o último do río miño antes do encontro (5492 hm3 fronte a 2762,9 hm3 de media anual).[1] Aínda así, a xuntanza de ambos, na parte baixa do Miño, produce un caudal conxunto superior.

Etimoloxía

Segundo algúns autores crese que Sil viría do latín sil: ocre. Plinio o Vello falaba nos seus documentos da abundancia de ouro e prata que se tiraba das grandes explotacións mineiras da Gallaecia no que hoxe son As Médulas, na conca do Sil; tales minas eran tamén ricas en materias corantes ou pigmentos ocres. Dioscórides fala expresamente dos ocres da Iberia occidental.

Máis probable é a orixe que dan outros autores, que falan dunha raíz celto-xemánica-lituana: sei-, sel- (pingar), da que derivan os nomes doutros ríos coma os italianos Silis e Silarus. Outros autores falan da raíz celto-xemánica-báltico-eslava: slei-, sli- (esvarar).

Tamén existe unha terceira hipótese de orixe preindoeuropea.[2]

Principais afluentes

Encoros

Os principais encoros do río son:

Notas

  1. ANUARIO DE AFOROS 2011-12 CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DEL MIÑO - SIL, saih.chminosil.es/files/informes/anuario/ANUARIO%20AFOROS%20CHMS%202011_12.pdf
  2. Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Sil

Véxase tamén