Río Cúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Cúa
Rio-Cúa.jpg
País España España
Lonxitude 62 Km
Caudal medio ? m³/s
Desembocadura Río Sil

O río Cúa é un río español da comarca do Bierzo, na provincia de León, afluente do río Sil pola súa beira dereita.

Descrición[editar | editar a fonte]

Fontes[editar | editar a fonte]

Nace no Campo de la Pesca, preto do porto de Cienfuegos, a 1.565 m de altitude.

Percorrido[editar | editar a fonte]

No seu curso alto segue unha dirección oeste-leste até un quilómetro despois de recibir, pola esquerda, as augas do rego de Trayecto, mudando entón o sentido a norte-sur. Atravesa os municipios de Peranzanes, Fabero, Vega de Espinareda, Arganza, Cacabelos, Carracedelo e Toral dos Vados, onde desemboca no Sil.

O seu percorrido total é de 62 km. O conxunto da súa cunca cobre unha área de 677 Km².

Afluentes[editar | editar a fonte]

Os afluentes principais do Cúa son, pola dereita, o río Ancares, e pola esquerda, e con menor caudal, o mencionado rego de Trayecto, o río de Faro e máis o río Biarzas.