Río Navea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Navea
PonteríoNavea.jpg
PaísEspaña
Lonxitude41 km
DesembocaduraRío Bibei

O Navea é un río ourensán, afluente do Bibei, pola súa esquerda, sendo este a súa vez tributario do río Sil. A súa lonxitude é de 41 km.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Val do río Navea desde As Taboazas (Chandrexa de Queixa).

O Navea nace nos Altos do Gancedo, a 1260 m de altura, na serra de San Mamede, no concello de Laza, formándose da unión de varios regos, coñecéndose no seu tramo inicial como río de Queixa. Ten numerosos regos como afluentes, que recollen augas principalmente da serra de Queixa, e dos que destacan o río Rabal pola esquerda e o río Grande pola dereita. Ao longo do seu curso, ademais do municipio de Laza, atravesa o de Chandrexa de Queixa, fai límite entre os concellos de San Xoán de Río e A Pobra de Trives, para entrar á fin neste último, uníndose ao Bibei pouco antes de que este renda as augas no Sil, preto do lugar da Ponte Nova. Como noutros ríos de montaña, o Navea vai encaixado practicamente en todo o seu percorrido, formando algunhas das gargantas máis afundidas do relevo galego, dada a dureza do material xeolóxico da bacía: micacitas, granito e granodioritas.

A cunca do Navea cobre unha área de 269 km².

Explotación[editar | editar a fonte]

O Navea é unha das correntes fluviais máis explotadas para a produción de enerxía eléctrica, pois conta con 4 encoros: Chandrexa, Guístolas, San Cristovo e Pontenova.

Ecoloxismo[editar | editar a fonte]

A cunca do Navea forma parte do espazo protexido do Macizo Central ourensán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]