Conversa:Río Sil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Até agora o río Navea era un afluente do Bibei -ip 213603030, 29 maio 2007

fotografía eliminada[editar a fonte]

Elimino deste artigo a imaxe Imaxe:Sarria 0018.jpg, co pé: "Sarria, 1920", porque á parte de que dá pé a pensar que esteamos a falar de Sarria cando en realidade parece ser de Portomarín, tampouco tería nada que ver co Sil, senón co Miño (onde tamén estaba a mesma fotografía). O Miño separa os concellos de Sarria e Portomarín pero o Sil non desembocará no Miño ata bastante máis abaixo de Portomarín (nos Peares, A Peroxa, Ourense). Pedro --Lameiro (conversa) 00:54, 21 marzo 2008 (UTC)

Río máis caudaloso de Galicia?[editar a fonte]

Creo que o Miño despóis de recibir ó Sil é máis caudaloso, a non ser que se considere que o Sil desemboca na Guarda. Os últimos tramos do Ulla tamén poden ser máis caudalosos que o Sil nos Peares, pero aí xa non sei dicir. O caso é que hai que reformular ou eliminar esa frase. Polo momento marqueina con "Cómpre Referencia"--Iagocasabiell (conversa) 9 de novembro de 2015 ás 18:25 (UTC)