Igrexa católica maronita: Diferenzas entre revisións
m →Ligazóns externas: +control autoridades using AWB |
m Bot: Substitución da categoría "Igrexa Católica Maronita" pola categoría "Igrexa católica maronita"; cambios estética |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
A Igrexa maronita toma o seu nome do seu fundador, [[san Marón]] († 410), un asceta siríaco amigo de [[Xoán Crisóstomo]] que a instituiu no [[século IV]]. Logo da súa morte os seus discípulos fundaron un [[mosteiro]] preto do seu túmulo, en Apamea, á beira do [[río Orontes]]. Dende os seus inicios, a comunidade maronita seguiu ao patriarca de Antioquía. |

No [[século VII]] a comunidade maronita foi refundada e organizada por un monxe, o abade do mosteiro de Brad, en [[Siria]]. [[Xoán Marón]] foi o primeiro maronita en ter a dignidade episcopal; a súa ordenación tivo lugar en [[676]], e máis tarde (en [[685]]) foi elixido [[patriarca de Antioquía]]. El foi o primeiro maronita en ter este encargo. Para escapar dunha persecución, decidiu deixar Siria e ir ao Líbano. Estabeleceuse en [[Bkirki]], onde construíu un novo mosteiro no que depositou a máis valiosa [[reliquia]] para os maronitas: o cranio de San Marón. Dende aquela época, o mosteiro é a [[Patriarcado de Antioquía dos Maronitas|sé patriarcal.]] |

[[Ficheiro:Saint Elijah Maronite Cathedral, Aleppo (2).jpg|miniatura|A catedral maronita de [[Alepo]].]] |
[[Ficheiro:Saint Elijah Maronite Cathedral, Aleppo (2).jpg|miniatura|A catedral maronita de [[Alepo]].]] |
||
[[Ficheiro:HarissaVirginOfLebanon.jpg|miniatura|Estatua do santuario de [[Nosa Señora do Líbano]].]] |
[[Ficheiro:HarissaVirginOfLebanon.jpg|miniatura|Estatua do santuario de [[Nosa Señora do Líbano]].]] |
||
Liña 38: | Liña 38: | ||
== Organización == |
== Organización == |
||
[[Ficheiro:Peshitta464.jpg|miniatura| |
[[Ficheiro:Peshitta464.jpg|miniatura|esquerda|A [[Peshitta]] é a Biblia siríaca estándar, empregada pola Igrexa Maronita e outras igrexas. A imaxe é o texto de [[Libro do Éxodo|Éxodo]] 13:14-16, do ano 464.]] |
||
A cabeza da Igrexa maronita é o [[Lista dos patriarcas de Antioquía dos maronitas|patriarca de Antioquía dos maronitas]], quen é elixido polos bispos maronitas e reside en [[Bkirki]], ao norte de [[Beirut]]. Dende marzo de 2011 o patriarca é o [[cardeal]] [[Bixara Pedro al-Rai]]. Cando un novo patriarca e elixido e entronizado, pide o recoñecemento eclesiástico do [[Papa]], mantendo deste xeito a comuñón coa [[Santa Sé]]. Como un dos patriarcas orientais, o patriarca a miúdo é creado cardeal polo papa, co rango de cardeal-bispo. |

Liña 68: | Liña 68: | ||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Igrexa |
[[Categoría:Igrexa católica maronita]] |
||
[[Categoría:Igrexas particulares]] |
[[Categoría:Igrexas particulares]] |
Revisión como estaba o 12 de agosto de 2018 ás 18:25
Igrexa siríaca maronita de Antioquía Igrexa católica maronita | |
---|---|
Historia | |
Fundación | século IV |
Parte de | Igrexa católica |
Goberno | |
Tipo de goberno | Episcopal |
Patriarca de Antioquía | Bixara Pedro al-Rai |
Estrutura | Dividida en eparquías |
Agrupacións | Congregación para as Igrexas orientais |
Clasificación | |
Grupo | Catolicismo |
Orientación | Cristianismo oriental |
Demografía e cultura | |
Fieis | 3 300 000[1] |
Países | Siria, Líbano, Chipre, Estados Unidos, Israel, Australia, Brasil e outros |
Linguas litúrxicas | Lingua siríaca |
Outros datos | |
Sede central | Bkirki, Líbano |
A Igrexa siríaca maronita de Antioquía (en lingua siríaca: ܥܕܬܐ ܣܘܪܝܝܬܐ ܡܪܘܢܝܬܐ ܕܐܢܛܝܘܟܝܐ, ʿīṯo suryoiṯo morunoiṯo d'anṭiokia; árabe: الكنيسة الأنطاكية السريانية المارونية, al-Kanīsa al-Anṭākiyya al-Suryāniyya al-Māruniyya; latín: Ecclesia Maronitarum), máis coñecida simplemente como Igrexa católica maronita, é unha Igrexa particular católica, en comuñón coa Santa Sé de Roma. Ten a súa orixe na comunidade fundada por Marón, un monxe siríaco do século IV venerado como santo. O primeiro patriarca maronita, san Xoán Marón, foi elixido a finais do século VII.
Malia ser reducidos en número, os maronitas continúan a ser un dos principais grupos etnorrelixiosos do Líbano. A diferenza doutras Igrexas católicas orientais, dende a súa orixe os maronitas sempre teñen estado en comuñón coa Igrexa de Roma e co papa.
Historia
A Igrexa maronita toma o seu nome do seu fundador, san Marón († 410), un asceta siríaco amigo de Xoán Crisóstomo que a instituiu no século IV. Logo da súa morte os seus discípulos fundaron un mosteiro preto do seu túmulo, en Apamea, á beira do río Orontes. Dende os seus inicios, a comunidade maronita seguiu ao patriarca de Antioquía.
No século VII a comunidade maronita foi refundada e organizada por un monxe, o abade do mosteiro de Brad, en Siria. Xoán Marón foi o primeiro maronita en ter a dignidade episcopal; a súa ordenación tivo lugar en 676, e máis tarde (en 685) foi elixido patriarca de Antioquía. El foi o primeiro maronita en ter este encargo. Para escapar dunha persecución, decidiu deixar Siria e ir ao Líbano. Estabeleceuse en Bkirki, onde construíu un novo mosteiro no que depositou a máis valiosa reliquia para os maronitas: o cranio de San Marón. Dende aquela época, o mosteiro é a sé patriarcal.
En 685 a Igrexa de Antioquía dividiuse entre os calcedonianos e os non calcedonianos, que se converteron na maioría. A comunidade maronita elixiu permanecer calcedoniana, e non se recoñeceu máis no patriarca Teófanes. Iniciou un período de autonomía, e os mosteiros tornáronse bispados.
Na época das cruzadas a Igrexa maronita retomou relacións coa Igrexa latina, da que nunca se separara formalmente. A unión foi selada algúns séculos máis tarde, en 1584, coa fundación, durante o pontificado de Gregorio XIII, do Colexio maronita de Roma.
Os maronitas foron protexidos por Francia, durante o dominio otomán de Oriente Medio.
Até o século XVIII a Igrexa maronita estaba só formalmente dividida en eparquías: en realidade, todos os bispos eran considerados como auxiliares do patriarca, o único e verdadeiro guía dos maronitas. En varias ocasións Propaganda Fide interveu para pedir a subdivisión canónica do patriarcado, pero os seus decretos non chegaron a ter efecto. O sínodo do Monte Líbano de 1736 instituiu canonicamente 8 eparquías, ademais da sé patriarcal, definindo para cada unha a súa xurisdición territorial: Alepo, Beirut, Biblos e Batrun, Chipre, Damasco, Baalbik, Trípoli e Tiro-Sidón. A Santa Sé aprobou as decisións do sínodo coa bula Apostólica praedecessorum do papa Bieito XIV do 14 de febreiro de 1742. Esta división permaneceu sen variacións até o inicio do século XX, cando foi creada a vigairía patriarcal de Exipto (1904), e foron separadas as de Tiro e Sidón (1906).
Cando o Líbano obtivo a independencia en 1943, os poderes do novo estado foron divididos entre as principais comunidades relixiosas. Os maronitas, que constituían a maioría da poboación, recibiron a Presidencia da República, cargo que continúan a manter hoxe.
Organización
A cabeza da Igrexa maronita é o patriarca de Antioquía dos maronitas, quen é elixido polos bispos maronitas e reside en Bkirki, ao norte de Beirut. Dende marzo de 2011 o patriarca é o cardeal Bixara Pedro al-Rai. Cando un novo patriarca e elixido e entronizado, pide o recoñecemento eclesiástico do Papa, mantendo deste xeito a comuñón coa Santa Sé. Como un dos patriarcas orientais, o patriarca a miúdo é creado cardeal polo papa, co rango de cardeal-bispo.
Os maronitas comparten co resto de católicos a doutrina, mais teñen as súas propias tradicións en canto á liturxia, teoloxía e espiritualidade; amais de manter unha disciplina e xerarquía diferenciadas das do resto de Igrexas particulares. A Igrexa maronota pertence á tradición antioquense e é de rito siro-antioquense occidental. A lingua siríaca é a súa lingua litúrxica propia. Porén, considéranse unha das Igrexas católicas orientais máis fortemente latinizadas, aínda que hai esforzos na recuperación de prácticas orientais.
O cardeal Sufair acelerou persoanlmente as reformas litúrxicas nos oitenta e noventa, que levaron á publicación en 1992 do novo misal maronita. O misal é unha viraxe ás formas orixinais da liturxia antioquense, eliminando a latinización litúrxica dos séculos pasados.
O celibato non está estritamente requirido para os sacerdotes e diáconos, podendo casar antes de seren ordenados; os monxes, porén, deben ser célibes, así como os bispos. Os eparcas e arquieparcas responden ante o patriarca.
Poboación
- Artigo principal: Maronitas.
O número exacto de maronitas no mundo non se coñece con certeza. Estímanse máis de 3 millóns, segundo a Asociación Católica para o Benestar no Oriente Próximo.
Segundo un informe de 2007, hai arredor de are 930.000 maronitas no Líbano, onde constitúen aproximadamente o 22% da poboación.[2] En Siria son un total de 51.000.[3] Existe tamén unha comunidade maronita en Chipre, de arredor de 10.000 fieis,[3] e que fala o seu propio dialecto árabe.[4][5] Finalmente, hai unha salientable comunidade no norte de Israel, na rexión de Galilea, de 7.504 persoas,[3] famosa polos seus intentos de conservación da lingua aramea.
Notas
- ↑ The Eastern Catholic Churches 2010, Ronald Roberson (fonte: Annuario Pontificio), 22 de agosto de 2010, Catholic Near East Welfare Association. (en inglés)
- ↑ U.S. Department of State, ed. (2008). "Lebanon - International Religious Freedom Report".
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Datos do Annuario Pontificio: The Eastern Catholic Churches" (PDF). 2008.
- ↑ Maria Tsiapera (1969). Mouton and Company, ed. A Descriptive Analysis of Cypriot Maronite Arabic. A Haia.
- ↑ Ministerio do Interior de Chipre (ed.). "European Charter for Regional or Minority Languages: Answers to the Comments/Questions Submitted to the Government of Cyprus Regarding its Initial Periodical Report" (PDF) (en inglés).
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa católica maronita |
Ligazóns externas
- Patriarcado maronita (en inglés) (en árabe)
- Eparquías maronitas (en inglés)
- Maronite History Project (enciclopedia wiki maronita)