Igrexa católica bizantina belarusa
| Igrexa católica bizantina belarusa | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
|
Cargo dirixente
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
A Igrexa católica bizantina belarusa, ou Igrexa greco-católica belarusa (en belaruso: Беларуская грэка-каталіцкая царква, Bielaruskaja hreka-katalickaja carkva) é unha igrexa particular oriental da Igrexa católica. Até 2023 a Igrexa non tiña xerarquía propia, dependendo da Congregación para as Igrexas Orientais e dos ordinarios latinos, e sendo a atención das necesidades cotiás da mesma responsabilidade dun visitador apostólico para os greco-católicos belarusos, Siarhiej Hajek. O 30 de marzo de 2023 foi erixida a administración apostólica de Belarús.
A Igrexa é unha das sucesoras da aceptación do cristianismo polo gran príncipe Vladimiro o Grande de Kíiv, en 988, e xunto coa Igrexa ucraína é herdeira da Unión de Brest de 1595.
O 1 de outubro de 2017 o arcebispo maior Sviatoslav celebrou a divina liturxia en Minsk, primeira vez que o metropolita de Kíiv-Galicia o facía no territorio de Belarús dende a abolición da Unión de Brest polas autoridades imperiais rusas en 1839.[1]
Organización
[editar | editar a fonte]A Igrexa organízase en Belarús en dous protopresbiterados (equivalentes aos arciprestados latinos):
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Упершыню з часоў скасаваньня Уніі грэка-каталіцкі мітрапаліт Кіеўскі адслужыў сьв. Літургію ў Беларусі". Царвка. Беларуская грэка-каталіцкая газета (en belaruso). 1 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2018. Consultado o 19 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gajek, Siarhiej; Ablamejka, Siarhiej (2003). "La Chiesa greco-cattolica bielorussa". Fede e martirio: le Chiese orientali cattoliche nell'Europa del Novecento. Libreria Editrice Vaticana.