Saltar ao contido

Igrexa católica bizantina albanesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Igrexa católica bizantina albanesa
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Relixión
 Lingua oficial
Localización
 Sede
Identificadores
Freebase/m/03mk78 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Igrexa católica bizantina albanesa é unha Igrexa particular oriental de rito bizantino no seo da Igrexa católica e, xa que logo, en plena comuñón co papa. Non se debe confundir coa Igrexa católica ítalo-albanesa.

A primeira comunidade católica bizantina de Albania estableceuse en 1628 na costa de Epiro e permaneceu ata 1765, en 1900 un antigo sacerdote ortodoxo estableceu unha nova comunidade de 120 fieis en Elbasan, en 1938 estableceuse unha comunidade de monxes italo-albaneses para o axudar e en 1939 nomeouse un administrador apostólico. En 1945 arredor de 450 fieis compuñan a comunidade, o grupo desfíxose en 1967 ao se declarar Albania un estado ateo. En 1996 nomeouse o primeiro bispo para a administración apostólica, que en 2002 contaba con 2800 fieis, pero a maioría son de rito latino e non hai ningunha parroquia ou sacerdote para os poucos fieis de rito bizantino, polo que é unha comunidade en extinción.

Notas e referencias

[editar | editar a fonte]