Eparquía católica maronita de Buenos Aires
Eparquía de San Sarbelio de Buenos Aires Eparchia Sancti Sarbelii Bonaërensis Maronitarum | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
Erixida | 5 de outubro de 1990 |
Localización | Arxentina |
Sufragánea de | Arquidiocese latina de Buenos Aires |
Estatísticas | |
Parroquias | 4 |
Información | |
Igrexa particular | Igrexa católica maronita |
Ritos | Antioquense |
Xerarquía | |
Papa | Francisco |
Patriarca | Bixara Pedro |
Eparca | Juan Habib Chamieh |
Outros datos | |
Páxina web | http://www.misionlibanesa.com/ |
A eparquía de San Sarbelio de Buenos Aires (en latín: Eparchia Sancti Sarbelii Bonaërensis Maronitarum) é unha sé da Igrexa católica maronita sufragánea da arquidiocese católica latina de Buenos Aires. En 2009 tiña arredor de 700.000 bautizados. Actualmente está dirixida polo bispo Juan Habib Chamieh.
Territorio[editar | editar a fonte]
A eparquía ten xurisdición sobre todos os fieis maronitas da Arxentina.[1] A sé eparquial é a cidade de Buenos Aires, onde está situada a catedral de San Marón.
O territorio está estruturado en 4 parroquias.
Historia[editar | editar a fonte]
A eparquía foi erixida o 5 de outubro de 1990.
Episcopoloxio[editar | editar a fonte]
- Xarbil Xurx Miri (5 de outubro de 1990 - 17 de abril de 2013, retirado)
- Administrador apostólico: Juan Habib Chamieh (17 de abril de 2013 - 22 de novembro de 2019)
- Juan Habib Chamieh (22 de novembro de 2019 - actualidade)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Asade, Daniel (2011). El Líbano en Buenos Aires. Gob Ciudad de Buenos Aires. p. 63. ISBN 9789872552725.