Dinastía de Avis: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m →top: Arranxos varios |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Historia de Portugal|imaxe=[[Ficheiro:JohnI-Portugal.jpg|centro|200px|Xoán I de Portugal]]|lenda='''Xoán I de Portugal, Mestre de Avis, o de Boa Memoria, fundador da Dinastía de Avis.'''}} |
{{Historia de Portugal|imaxe=[[Ficheiro:JohnI-Portugal.jpg|centro|200px|Xoán I de Portugal]]|lenda='''Xoán I de Portugal, Mestre de Avis, o de Boa Memoria, fundador da Dinastía de Avis.'''}} |
||
A '''Dinastía de Avis''' (ou '''Avís'''), ou '''Dinastía Xoanina''', foi a segunda dinastía a reinar en [[Portugal]], entre [[1385]] e [[1581]]-[[1582]]<ref |
A '''Dinastía de Avis''' (ou '''Avís'''), ou '''Dinastía Xoanina''', foi a segunda dinastía a reinar en [[Portugal]], entre [[1385]] e [[1581]]-[[1582]]<ref>SERRÃO, Joaquim Veríssimo, ''O Reinado de D. Antonio Prior do Crato (1580-1582)'', Coimbra, 1956. Sendo a primeira data (1581) a aclamación de D. Filipe I nas Cortes de Tomar dese ano, e a segunda (1582), o abandono definitivo do territorio portugués polo rei derrotado, D. Antonio, quen se viu obrigado a pasar de Angra do Heroísmo a Francia a continuar o combate por outros medios.</ref>. Tivo inicio a finais da [[crise de 1383-1385]], cando o mestre da [[Orde de Avis]], D. [[Xoán I de Portugal|Xoán]], fillo natural de el-rei D. [[Pedro I de Portugal|Pedro I]], foi aclamado rei nas [[Cortes de Coimbra]]. |
||
Antes disto, e para permitir isto, dérase a derrota do partido favorable á raíña destronada, D. [[Beatriz de Portugal|Beatriz]], muller de [[Xoán I de Castela]], definitivamente vencida na [[batalla de Aljubarrota]] o [[14 de agosto]] de [[1385]]. |
Antes disto, e para permitir isto, dérase a derrota do partido favorable á raíña destronada, D. [[Beatriz de Portugal|Beatriz]], muller de [[Xoán I de Castela]], definitivamente vencida na [[batalla de Aljubarrota]] o [[14 de agosto]] de [[1385]]. |
Revisión como estaba o 5 de abril de 2017 ás 07:46
A Dinastía de Avis (ou Avís), ou Dinastía Xoanina, foi a segunda dinastía a reinar en Portugal, entre 1385 e 1581-1582[1]. Tivo inicio a finais da crise de 1383-1385, cando o mestre da Orde de Avis, D. Xoán, fillo natural de el-rei D. Pedro I, foi aclamado rei nas Cortes de Coimbra.
Antes disto, e para permitir isto, dérase a derrota do partido favorable á raíña destronada, D. Beatriz, muller de Xoán I de Castela, definitivamente vencida na batalla de Aljubarrota o 14 de agosto de 1385.
A Casa de Avis, sucesora familiar da anterior dinastía Afonsina, reinou no territorio peninsular de Portugal entre 1385 e 1581, cando D. Antonio é vencido e destronado na batalla de Alcántara, sendo aclamado no seu lugar o estranxeiro Filipe I nas Cortes de Tomar dese ano, baixo a ameaza do seu exército que xa ocupara Lisboa. Pero reina aínda nas Azores ata 1582, coa caída de Angra do Heroísmo, cando a Illa Terceira e as restantes illas azorianas réndense á armada invasora do Marqués de Santa Cruz.
A Dinastía de Avis é substituída pola unión entre as coroas de Portugal e de todos os demais reinos de Felipe II, que deu comezo á dinastía dos Habsburgo ou Dinastía de Austria.
Reis da Dinastía de Avis
- D. João I (r. 1385 - 1433, despois do Interregno que destronou a raíña D. Beatriz) - fillo natural de D. Pedro I e medio-irmán do Rei D. Fernando I de Portugal
- D. Duarte (r. 1433 - 1438) - fillo de D. João I.
- D. Afonso V (r. 1438 - 1481) - fillo de D. Duarte.
- D. João II (r. 1481 - 1495) - fillo de D. Afonso V.
- D. Manuel I (r. 1495 - 1521) - curmán de D. João II.
- D. João III (r. 1521 - 1557) - fillo de D. Manuel I.
- D. Sebastião I (r. 1557 - 1578) - fillo de D. João, Príncipe de Portugal
- D. Henrique (r. 1578 - 1580) - tio avó de D. Sebastião.
- D. António (r. 1580 - 1581) - sobriño de D. Henrique, fillo do casamento secreto do Infante D. Luís coa Violante Gomes.
Notas
- ↑ SERRÃO, Joaquim Veríssimo, O Reinado de D. Antonio Prior do Crato (1580-1582), Coimbra, 1956. Sendo a primeira data (1581) a aclamación de D. Filipe I nas Cortes de Tomar dese ano, e a segunda (1582), o abandono definitivo do territorio portugués polo rei derrotado, D. Antonio, quen se viu obrigado a pasar de Angra do Heroísmo a Francia a continuar o combate por outros medios.