Saltar ao contido

Ultimato británico de 1890

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa Cor-de-rosa
Serie
Historia de Portugal
Portugal na prehistoria
Portugal prerromano
Romanización: Lusitania e Gallaecia
Visigodos e Suevos
Dominio árabe e a Reconquista
Condado Portucalense
Independencia de Portugal
Dinastía de Borgoña
Crise de 1383-1385
Dinastía de Avis
Descubrimentos e Expansión Portuguesa
Imperio portugués
Crise sucesoria de 1580
Dinastía Filipina
Restauración da Independencia
Dinastía de Braganza
Terremoto de Lisboa de 1755
Guerra Peninsular
Revolución Liberal (24/08/1820)
Vilafrancada e Abrilada
Guerras liberais
Convención de Évora-Monte
Revolución de Setembro,
Revolta dos Marechais e Patulea
Rexeneración e Fontismo
O mapa cor-de-rosa e o ultimato británico
Revolución do 5 de outubro de 1910 e Proclamación da República
Goberno Provisorio
I República
Ditadura militar e o Estado Novo
Guerra de Ultramar
Revolución dos Caraveis
III República
Por tópico
Historia militar
Historia diplomática
Historia cultural
Categoría: Historia de Portugal

O Ultimato británico de 1890 foi un ultimato do goberno británico - entregado o 11 de xaneiro de 1890 por un "Memorando" - a Portugal, para a retirada das forzas militares existentes no territorio comprendido entre as colonias de Mozambique e Angola, no actual Cimbabue, a pretexto dun incidente ocorrido entre portugueses e Macololos. A zona era reclamada por Portugal, que a incluíra no famoso Mapa Cor-de-rosa, reclamando a partir da Conferencia de Berlín unha franxa de territorio que ía de Angola á contra-costa, ou sexa, a Mozambique.

A imposibilidade de resistencia leva á inmediata caída do goberno, sendo nomeado o 14 de xaneiro un novo ministerio presidido por António de Serpa Pimentel.

Iníciase un profundo movemento de descontento social, implicando directamente á familia reinante, vista como demasiado próxima dos intereses británicos, na decadencia nacional patente no ultimato. Os republicanos capitalizan este descontento, iniciando un crecemento e alongamento da súa base social de apoio que levará á proclamación da I República portuguesa o 5 de outubro de 1910.

Alimentando ese ambiente de case insurrección, o 23 de marzo, António José de Almeida, estudante universitario en Coímbra e futuro presidente da república, publica un artigo co título Bragança, o último, que será considerado calumnioso para o rei e o levará á cadea, e o 11 de abril ponse á venda o Finis Patriae de Guerra Junqueiro ridiculizando a figura do rei. Formalizando a decadencia portuguesa, o 20 de agosto asínase o Tratado de Londres entre Portugal e Gran Bretaña, definindo os límites territoriais de Angola e Mozambique. O tratado foi publicado no Diário do Governo o 30 de agosto e presentado ó parlamento na sesión do 30 de agosto, o que desencadea novas protestas e nova caída do goberno.

En consecuencia da cesión perante os intereses británicos, aparece en Lisboa a Liga Liberal, movemento de protesta presidido por Augusto Fuschini coa participación de João Crisóstomo contra o Tratado de Londres. A Liga promoveu unha reunión, no Teatro São Luís, na que participaron cerca de 400 oficiais.

Despois de 28 días de crise política é nomeado a 14 de outubro un goberno extra-partidario, presidido por João Crisóstomo. O goberno é apoiado pola Liga Liberal, retomándose progresivamente a calma.

Estes acontecementos desencadeados polo Ultimato británico do 11 de xaneiro de 1890 marcaron de forma indelébel a evolución política portuguesa, desencadeando unha cadea de acontecementos que desemboca na fin da monarquía constitucional e no reforzamento na consciencia colectiva portuguesa do apego ó imperio colonial, que despois tivo pesadas consecuencias ó longo do século XX.