Ditadura Nacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ditadura Nacional portuguesa")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
República Portuguesa

1926–1933
Bandeira Escudo
Himno: A Portuguesa
Capital Lisboa
Lingua Portugués
Goberno Ditadura militar
Presidente
 • 1926 José Mendes Cabeçadas
 • 1926–1933 Óscar Carmona
Primeiro Ministro
 • 1926 José Mendes Cabeçadas
 • 1926–1933 Domingos Oliveira
Historia
 • Establecido 29 de maio de 1926
 • Disolución 19 de marzo de 1933
Superficie
 • 1930 92.391 km²
Poboación
 • 1930 est. 6.825.883 
     Densidade 73,9/km²
Moeda Escudo

Ditadura Nacional (Ditadura Nacional en portugués) foi a denominación do réxime ditatorial portugués saído da elección por sufraxio universal do presidente da república Óscar Carmona en 1928 debido ás turbulencias seguidas ao golpe de estado do 28 de maio de 1926. Durou até 1933, ao ser referendada unha nova Constitución, que deu orixe ao Estado Novo, un réxime político autoritario e corporativista baixo o mando do ditador António de Oliveira Salazar. Considérase que este período xunto co do Estado Novo forman o período histórico da Segunda República Portuguesa.