Saltar ao contido

Terceira República Portuguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

 

Modelo:Xeografía políticaTerceira República Portuguesa

Localización
Datos históricos
Precedido por
Creación25 de abril de 1974 Editar o valor en Wikidata

A Terceira República Portuguesa (tamén coñecida como Democracia Portuguesa) e cuxo nome oficial é só República Portuguesa é o período da historia de Portugal correspondente ao actual réxime democrático instaurado após a Revolución do 25 de abril de 1974, que puxo fin ao réxime autoritario do Estado Novo por António de Oliveira Salazar e Marcelo Caetano.

A censura foi prohibida, a liberdade de expresión e de reunión garantidas, os prisioneiros políticos foron ceibados, as maiores institucións do Estado Novo foron eliminadas, e foi concedida a independencia ás colonias africanas.

Este período foi caracterizado inicialmente por unha grande inestabilidade. En 1976 aprobouse unha nova constitución. Posteriormente, comezou un proceso de apertura do país, que levou a Portugal a ingresar na CEE (actual Unión Europea) en 1986.

Antecedentes Históricos

[editar | editar a fonte]
O cravo ou caravel, símbolo da Revolución, iniciou a III República Portuguesa.

En Portugal, 1926 supuxo o fin da Primeira República nun golpe militar que estableceu o goberno autoritario coñecido como Estado Novo, gobernado por António de Oliveira Salazar ata 1968, cando foi destituído polo presidente da República por discapacidade física. Marcello Caetano sucedeu a Salazar. O goberno enfrontouse a moitos problemas externos e internos, incluíndo a Guerra Colonial.

O 25 de abril de 1974, un golpe militar non violento obrigou a Marcello Caetano a abandonar o país. A maioría da poboación portuguesa viría apoiar esta revolución, que entón foi bautizada como a Revolución dos Caraveis debido ao uso de caraveis nos rifles dos soldados como símbolo de paz. Esta revolución provocou o inicio da Terceira República Portuguesa.[1] Nos días posteriores á revolución, houbo unha celebración xeral polo fin dos 48 anos de ditadura, e políticos exiliados como Álvaro Cunhal e Mário Soares regresaron ao país para celebrar o Día do Traballo, no que se coñeceu como símbolo da liberdade restaurada ao país.[2]

Despois da Revolución

[editar | editar a fonte]
Escudo da República Portuguesa
Serie
Historia de Portugal
Portugal na prehistoria
Portugal prerromano
Romanización: Lusitania e Gallaecia
Visigodos e Suevos
Dominio árabe e a Reconquista
Condado Portucalense
Independencia de Portugal
Dinastía de Borgoña
Crise de 1383-1385
Dinastía de Avis
Descubrimentos e Expansión Portuguesa
Imperio portugués
Crise sucesoria de 1580
Dinastía Filipina
Restauración da Independencia
Dinastía de Braganza
Terremoto de Lisboa de 1755
Guerra Peninsular
Revolución Liberal (24/08/1820)
Vilafrancada e Abrilada
Guerras liberais
Convención de Évora-Monte
Revolución de Setembro,
Revolta dos Marechais e Patulea
Rexeneración e Fontismo
O mapa cor-de-rosa e o ultimato británico
Revolución do 5 de outubro de 1910 e Proclamación da República
Goberno Provisorio
I República
Ditadura militar e o Estado Novo
Guerra de Ultramar
Revolución dos Caraveis
III República
Por tópico
Historia militar
Historia diplomática
Historia cultural
Categoría: Historia de Portugal

Despois da caída do Estado Novo, comezaron a xurdir diferenzas sobre a dirección política que debía tomar o país. A revolución debeuse principalmente ao traballo dun grupo de mozos oficiais identificados como o Movimento das Forças Armadas (MFA). Dentro deste grupo existían diferentes opinións políticas e, entre estas, as representadas por Otelo Saraiva de Carvalho e consideradas as máis radicais do movemento, e as representadas por Ernesto Melo Antunes consideradas as máis moderadas.

Para garantir o éxito da revolución, o MFA buscou apoio entre sectores conservadores dos militares descontentos co goberno de Caetano, entre eles o antigo xefe das Forzas Armadas, o xeneral Francisco da Costa Gomes e o xeneral António de Spínola. Ambos foran expulsados do Estado Maior das Forzas Armadas por criticaren ao goberno de entón.

As diferenzas políticas da época estaban representadas por tres grupos informais, que incluían tanto militares como civís. Porén, mesmo dentro de grupos que compartían as mesmas opinións políticas houbo desacordos considerábeis:

Estes tres grupos protagonizaron unha feroz disputa polo control do poder, disputa que deu lugar ao cálido verán de 1975 —tras un fracasado golpe conservador liderado por António de Spínola, o 11 de marzo de 1975— e que puxo ao país na anarquía e no á beira dunha guerra civil. Esta situación só se calmaría tras un golpe de estado fracasado de sectores militares máis radicais, o 25 de novembro de 1975.[3] Mentres, en Portugal celebráronse as primeiras eleccións libres por sufraxio universal e secreto, o 25 de abril de 1975, para a elección dunha Asemblea Constituínte que se encargou de elaborar unha nova Constitución —a Constitución de 1976, aprobada o 2 de abril dese mesmo ano.

O 27 de xuño de 1976 celebráronse as primeiras eleccións democráticas para a presidencia da República por sufraxio directo e universal. Gañou Ramalho Eanes, un dos oficiais do Grupo dos Nove. O I Goberno Constitucional de Portugal comezou o 23 de xullo de 1976, baixo a dirección de Mário Soares.[1] O 12 de decembro do mesmo ano celebráronse as primeiras eleccións municipais . Todas as institucións democráticas comezan a funcionar. Portugal ingresa no Consello de Europa o 22 de setembro de 1976. En 1978 o FMI prestou asistencia financeira a Portugal, pero en 1983 o FMI regresou a Portugal, de novo debido a unha grave crise financeira. En 1977 Portugal solicitou a súa adhesión á CEE. Comezou un proceso de apertura do país a nivel económico, que levou a Portugal a ingresar na CEE (agora Unión Europea) en 1986.[4]

Para se adherir á Unión Europea, Portugal abandonou a EFTA en 1986. [5] En 1999, ingresou na Eurozona [6] e ese mesmo ano entregou a soberanía de Macao á República Popular Chinesa.[7] Desde a súa adhesión á Unión Europea, o país presidiu catro veces o Consello Europeo, a última delas en 2021, que acolleu a cerimonia de sinatura do Tratado de Lisboa.[8]

En 2011, Portugal sofre unha grave crise financeira, crise que obrigou a Portugal a pedir axuda externa á Troika (FMI, BCE, Unión Europea). O 5 de xuño de 2011, o PSD, liderado por Pedro Passos Coelho, venceu nas eleccións lexislativas e formou un goberno de coalición co CDS .

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]

A 25 de abril de 2015, na Terceira República había xa 25 gobernos e 15 primeiros ministros diferentes, 1609 homes (92,7%) e 127 mulleres (7,3%) foron nomeados para funcións de goberno. [9]

A continuación están representados nunha liña cronolóxica os presidentes da República, os primeiros ministros e a lexislatura da Asemblea da República.

Táboa de Presidentes

[editar | editar a fonte]
Data de Inicio Data de Fin Presidente
15/05/1974 30/09/1974 António de Spínola
30/09/1974 13/07/1976 Francisco da Costa Gomes
13/07/1976 09/03/1986 António Ramalho Eanes
09/03/1986 09/03/1996 Mário Soares
09/03/1996 09/03/2006 Jorge Sampaio
09/03/2006 12/12/2015 Aníbal Cavaco Silva
09/03/2016 16/09/2021 Marcelo Rebelo de Sousa

Táboa de Primeiros Ministros

[editar | editar a fonte]
Data de Inicio Data de Fin Primeiro Ministro
16/05/1974 18/07/1974 Adelino da Palma Carlos
18/07/1974 19/09/1975 Vasco Gonçalves
19/09/1975 23/06/1976 José Pinheiro de Azevedo
23/06/1976 23/07/1976 Vasco Almeida e Costa (interino)
23/07/1976 28/08/1978 Mário Soares
28/08/1978 22/11/1978 Alfredo Nobre da Costa
22/11/1978 01/08/1979 Carlos Alberto da Mota Pinto
01/08/1979 03/01/1980 Maria de Lourdes Pintasilgo
03/01/1980 04/12/1980 Francisco Sá Carneiro
04/12/1980 09/01/1981 Diogo Freitas do Amaral (interino)
09/01/1981 09/07/1983 Francisco Pinto Balsemão
09/07/1983 06/11/1985 Mário Soares
06/11/1985 28/10/1995 Aníbal Cavaco Silva
28/10/1995 06/04/2002 António Guterres
06/04/2002 17/07/2004 José Manuel Durão Barroso
17/07/2004 12/03/2005 Pedro Santana Lopes
12/03/2005 21/06/2011 José Sócrates
21/06/2011 26/11/2015 Pedro Passos Coelho
26/11/2015 16/09/2021 António Costa

Táboa de Gobernos

[editar | editar a fonte]
Data de Inicio Data de Fin Goberno
16/05/1974 18/07/1974 I Gov. Prov.
18/07/1974 30/09/1974 II Gov. Prov.
30/09/1974 26/03/1975 III Gov. Prov.
26/03/1975 08/08/1975 IV Gov. Prov.
08/08/1975 19/09/1975 V Gov. Prov.
19/09/1975 23/07/1976 VI Gov. Prov.
23/07/1976 30/01/1978 I Gov.
30/01/1978 29/08/1978 II Gov.
29/08/1978 22/11/1978 III Gov.
22/11/1978 01/08/1979 IV Gov.
01/08/1979 03/01/1980 V Gov.
03/01/1980 09/01/1981 VI Gov.
09/01/1981 04/09/1981 VII Gov.
04/09/1981 09/06/1983 VIII Gov.
09/06/1983 06/11/1985 IX Gov.
06/11/1985 17/08/1987 X Gov.
17/08/1987 31/10/1991 XI Gov.
31/10/1991 28/10/1995 XII Gov.
28/10/1995 25/10/1999 XIII Gov.
25/10/1999 06/04/2002 XIV Gov.
06/04/2002 17/07/2004 XV Gov.
17/07/2004 12/03/2005 XVI Gov.
12/03/2005 26/10/2009 XVII Gov.
26/10/2009 21/06/2011 XVIII Gov.
21/06/2011 30/10/2015 XIX Gov.
30/10/2015 26/11/2015 XX Gov.
26/11/2015 25/10/2019 XXI Gov.
26/10/2019 16/09/2021 XXI Gov.

Táboa de Lexislaturas

[editar | editar a fonte]
Data de Inicio Data de Fin Lexislatura
25/04/1976 05/10/1980 I Legislatura
05/10/1980 25/04/1983 II Legislatura
25/04/1983 06/10/1985 III Legislatura
06/10/1985 19/07/1987 IV Legislatura
19/07/1987 06/10/1991 V Legislatura
06/10/1991 01/10/1995 VI Legislatura
01/10/1995 10/10/1999 VII Legislatura
10/10/1999 17/03/2002 VIII Legislatura
17/03/2002 20/02/2005 IX Legislatura
20/02/2005 27/09/2009 X Legislatura
27/09/2009 19/06/2011 XI Legislatura
20/06/2011 23/10/2015 XII Legislatura
23/10/2015 25/10/2019 XIII Legislatura
26/10/2019 16/09/2021 XIV Legislatura
  1. 1,0 1,1 SARAIVA, J. Hermano (1981). História de Portugal. Lisboa. pp. 112–123. 
  2. "1.º de Maio de 1974, o primeiro em liberdade". RTP (en portugués). 2017-01-07. Consultado o 2020-05-25. 
  3. "O Golpe do 25 de Novembro" (en portugués). Consultado o 2021-03-21. 
  4. "PEDIDO DE ADESÃO À CEE (1977)". Consultado o 2020-05-25. 
  5. vários autores (2004). História 9. Porto. p. 176. ISBN 972-0-31405-2. 
  6. "Banco Central Europeu". Consultado o 18 de Outubro de 2008. 
  7. Oliveira, J. "A legislação de Macau no termo da administração portuguesa" (PDF). Consultado o 21-05-2020. 
  8. "A presidência portuguesa da União Europeia". Arquivado dende o orixinal o 2011-05-22. Consultado o 18 de Outubro de 2008. 
  9. "Quatro décadas de democracia: 31 mulheres ministras e 467 homens". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.