Anxo Angueira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
completo información
Liña 19: Liña 19:
Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na [[Universidade de Santiago de Compostela]], onde realiza estudos de [[Filoloxía Hispánica]] coa especialidade en [[lingua galega]]. Na época universitaria seguiu residindo en Padrón, onde traballaba.
Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na [[Universidade de Santiago de Compostela]], onde realiza estudos de [[Filoloxía Hispánica]] coa especialidade en [[lingua galega]]. Na época universitaria seguiu residindo en Padrón, onde traballaba.


Actualmente traballa como profesor de lingua e literatura galegas no [[IES Meixoeiro]] e na Facultade de Filoloxía e Tradución da [[Universidade de Vigo]].
Traballa na Facultade de Filoloxía e Tradución da [[Universidade de Vigo]] e como profesor de lingua e literatura galegas no [[IES Meixoeiro]], residindo en [[Vigo]] onde ten dous fillos e está casado.


Publicou diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participou na fundación e na elaboración do manifesto das ''[[Redes Escarlata]]'' e colaborou na publicación da [[CUT]] ''O Xornal'' e na revista ''[[A Trabe de Ouro (revista)|A Trabe de Ouro]]''. Foi coordinador do premio de poesía [[Premio Eusebio Lorenzo Baleirón|Eusebio Lorenzo Baleirón]].
Publica diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participa na fundación e na elaboración do manifesto das ''[[Redes Escarlata]]'' e colabora na publicación da [[CUT]] ''O Xornal'' e na revista ''[[A Trabe de Ouro (revista)|A Trabe de Ouro]]''. Foi coordinador do premio de poesía [[Premio Eusebio Lorenzo Baleirón|Eusebio Lorenzo Baleirón]].


Durante o ano 2008 participou no espectáculo ''[[Rosalía 21]]'', unha revisitación en clave de [[jazz]] da poesía de [[Rosalía de Castro]], xunto o pianista [[Abe Rábade]] e a cantante [[Guadi Galego]].
Durante o ano 2008 participou no espectáculo ''[[Rosalía 21]]'', unha revisitación en clave de [[jazz]] da poesía de [[Rosalía de Castro]], xunto o pianista [[Abe Rábade]] e a cantante [[Guadi Galego]].


Dende xuño de 2012 ostenta o cargo de presidente da [[Fundación Rosalía de Castro]] que ten a súa sede na [[Casa Museo de Rosalía]] no concello de [[Padrón]].
Actualmente reside en [[Vigo]] onde ten dous fillos e está casado.


==Obra==
==Obra==

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2014 ás 15:11

Infotaula de personaAnxo Angueira
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1961 (63 anos)
Manselle, Dodro Galicia Galicia
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Director de teseXosé Bieito Arias Freixedo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticonarrativa, poesía, ensaio
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Facebook: anxo.angueira Instagram: anxoangueira AELG: 11 Dialnet: 594493 Editar o valor em Wikidata


Anxo Angueira Viturro, nado en Manselle (Dodro) o 13 de xaneiro de 1961, é un escritor e estudoso da literatura galega. É o actual presidente da Fundación Rosalía de Castro[1] que ten a súa sede na Casa Museo Rosalía de Castro no lugar da Matanza en Padrón, tomando posesión do cargo o día 1 de xuño de 2012[2].

Traxectoria

Sempre vinculado á súa vila natal, viviu dous anos da súa infancia en Asados ata que se trasladou a Padrón onde realizou os estudos de Bacharelato. Foi no instituto onde tivo o primeiro contacto coa literatura galega da man do seu mestre de lingua castelá, Bernardino Graña. Gañou algúns premios en concursos literarios, de poesía e narrativa, organizados no propio instituto.

Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na Universidade de Santiago de Compostela, onde realiza estudos de Filoloxía Hispánica coa especialidade en lingua galega. Na época universitaria seguiu residindo en Padrón, onde traballaba.

Traballa na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e como profesor de lingua e literatura galegas no IES Meixoeiro, residindo en Vigo onde ten dous fillos e está casado.

Publica diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participa na fundación e na elaboración do manifesto das Redes Escarlata e colabora na publicación da CUT O Xornal e na revista A Trabe de Ouro. Foi coordinador do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

Durante o ano 2008 participou no espectáculo Rosalía 21, unha revisitación en clave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, xunto o pianista Abe Rábade e a cantante Guadi Galego.

Dende xuño de 2012 ostenta o cargo de presidente da Fundación Rosalía de Castro que ten a súa sede na Casa Museo de Rosalía no concello de Padrón.

Obra

Ficheiro:Anxo Angueira 2.jpg

Narrativa

  • Bágoas de facer illas, 1997, Xerais.
  • Pensa Nao, 1999, Xerais.
  • A morte de A., 2003, Xerais.
  • Iria, 2012, Xerais.

Poesía

Ensaio

  • De Rosalía a Dieste. 33 anos das letras, 1995, Xerais.
  • Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro, 2003, AELG-Xunta de Galicia.
  • A espiral no espello, 2009, Xerais.

Edicións

Obras colectivas

  • Redondela, en Unha liña no ceo. 58 narradores galegos 1979-1996, 1996, Xerais.
  • Mini-relatos, 1999. Librería Cartabón.
  • O cura de Fruíme en Materia prima. Narrativa galega contemporánea, 2002, Xerais.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Negra sombra, 2003, Espiral Maior.
  • Rebelados en Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata, 2003, Difusora.
  • Son de poesía, 2005, Edições Fluviais, Lisboa.
  • X. Espazo para un signo, 2005, Xerais.
  • Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais.
  • Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
  • Que lle podo ofrecer a quen me intente?, 2011, Xerais. Coordinador do volume xunto a Teresa Bermúdez.
  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova.

Premios recibidos

  • Accésit Premio Esquío 1988, polo poemario Val de Ramirás.
  • Gañador do certame poético Ruta do Mar de Arousa e río Ulla en 1992 con O mar e o río do regreso.
  • Accésit do premio de poesía Camiño de Santiago en 1994 polo poema O valo de Manselle.
  • Premio Café Dublín 1996, polo libro de relatos Bágoas de facer illas.
  • Premio Xosé María Díaz Castro en 1997 por Libro da Vertixe.
  • Premio Xerais de novela en 1999 por Pensa nao.

Notas

  1. A Fundación Rosalía de Castro: Executiva da Fundación.
  2. La Voz de Galicia (2-6-2012) «Angueira aposta por reactivar os Estudos Rosalianos». "O escritor foi elixido onte novo presidente da fundación padronesa".

Véxase tamén

Ligazóns externas