Circuíto de Mónaco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 31 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q171400
Liña 84: Liña 84:
|align="center" | 98,701 km/h
|align="center" | 98,701 km/h
|align="center" | 21. Maio
|align="center" | 21. Maio
|rowspan=59 | {{MONb}} [[Gran Premio de Mónaco|Mónaco]]
|rowspan=60 | {{MONb}} [[Gran Premio de Mónaco|Mónaco]]
|-
|-
|align="center" | 1955
|align="center" | 1955
Liña 607: Liña 607:
|align="center" | 147´312 km/h
|align="center" | 147´312 km/h
|align="center" | 27. Maio
|align="center" | 27. Maio
|-
|align="center" | 2013
|
|
|align="center" |
|align="right" | 3´340 km
|align="center" | 78
|align="center" |
|align="center" | 26. Maio
|}
|}
<small>''Record: A.Senna (6 veces)''</small>
<small>''Record: A.Senna (6 veces)''</small>

Revisión como estaba o 23 de maio de 2013 ás 21:38

Circuíto de Mónaco
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras FIA Fórmula 1 Formula 3000, GP2 Series, World Series by Renault, F3 Euroseries
Localización Modelo:MONb Monte Carlo, Mónaco
Lonxitude 3´340 km
Curvas 18
Volta rápida (2004) 1:14.439
Piloto Record Modelo:GERb Michael Schumacher
Escudería Record Ferrari
Coordenadas 43°44′5″N 7°25′14″L / 43.73472, -7.42056
Vista do Circuíto
Vista do porto cos boxes á esquerda
Esquema do circuíto.

Circuíto de Mónaco é un circuíto de carreiras urbano situado no Principado de Mónaco que alberga o Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1. Foi fundado en 1920 por Anthony Nogues.

Tamén se coñece como circuíto de Monte Carlo debido a que gran parte do seu percorrido está en Monte Carlo.

Debido á súa especial configuración con curvas pechadas e rectas curtas, o que prima nel é a habilidade dos pilotos fronte á potencia das máquinas.

Historia

A idea dun Gran Premio polas rúas de Mónaco tivoa Anthony Noghès, presidente do Club Car de Mónaco e amigo próximo da familia gobernante Grimaldi. A carreira inaugural levouse a cabo en 1929 e foi gañado polo William Grover-Williams nun Bugatti.

Caracteristicas

Entrada e...
... saida da famosa pinza do Hotel Fairmont

A construción do circuíto leva seis semanas, e o desmantelamento logo da carreira tres semanas. O circuíto de carreiras ten moitos cambios de rasante, curvas pechadas, e estreitas. Estas características fan que quizais sexa a pista máis esixente das carreiras de Fórmula Un. Aínda que o trazado cambiou moitas veces durante a súa historia, aínda se considera como a última proba para demostrar a habilidade dos pilotos de Fórmula Un. Contén tanto a curva máis lenta na Fórmula Un (a pinza de Fairmont, tomada a só 46 km/h e unha das máis rápidas (a peculiar curva do túnel, tres curvas máis aló da pinza, tomada a 260 km/h.

Debido á natureza estreita e revirada do circuíto, favorece a habilidade dos pilotos sobre a potencia dos coches, pero como o trazado é tan estreito e perigoso hai moi poucos adiantamentos. Nelson Piquet comparou a pista de carreiras como "montar unha carreira de bicicletas na túa sala de estar".[1] Antes de 1987, o número de automóbiles na saída da carreira limitouse a 20, en comparación cos 26 de outros circuítos. A sección do famoso túnel (que se corre baixo o Hotel Fairmont, marcado en gris no esbozo do circuíto) dise que é difícil para os pilotos debido ao rápido cambio de luz á escuridade e volta á luz de novo, nunha das zonas máis rápidas da carreira. Como consecuencia, o resultado da carreira adoita decidirse pola pole position, así como polas estratexias de boxes, é extremadamente duro coas caixas de cambios e os freos.

Fixéronse varios intentos para mellorar as condicións de hacinamiento nos boxes. En 2002, foi extraida unha cantidade considerable de terra do porto para cambiar un pouco a forma dunha sección do circuíto, o que deixaba máis espazo para os novos boxes, que se estrearon na carreira de 2004.

Pódese admitir que o circuíto sexa menos seguro que outros circuítos utilizados para a Fórmula Un, o piloto e ex gañador Michael Schumacher declarou antes do Gran Premio de 2012 que o risco adicional é "xustificable unha vez ao ano".[2] If it were not already an existing Grand Prix, it would not be permitted to be added to the Formula One schedule, for safety reasons.[3] Se non fose un Gran Premio xa existente, non se permitiría engadilo ao calendario da Fórmula Un, por razóns de seguridade.

O trazado

Unha vez pasada a liña de meta, atopámonos cunha curva a dereitas chamada Santa Devota. Encárase unha subida sinuosa por unha rúa chea de boutiques ata chegar a Casino Square. A partir de aquí prodúcese unha baixada ata a curva a dereitas de Mirabeau, vólvese a baixar ata a curva de Loewe (nome dado por un hotel situado á beira da curva). Despois trázase unha dobre curva a dereitas coñecida como Poitiers para pasar polo túnel que transcorre xusto por baixo do hotel Loewe. Ao saír do túnel atopámonos con Nouvelle Chicane (coñecida polo accidente que sufriu Karl Wendlinger en 1994), que unha vez superada chega ata a curva de Tabac. Unha vez realizada a curva atopámonos na chicane da piscina. Logo desta chicane veñen as curvas a dereitas da rascasse (chámase así por un restaurante que hai á beira da curva) e a de Anthony Nogues. Unha vez superadas atopámonos de novo en recta de meta.

O trazado é considerado como un dos máis complexos de trazar, ademais de ser un dos máis perigosos. Aquí hanse de lamentar mortes como a de Lorenzo Bandini en 1967. Ademais producíronse outros graves accidentes como o mencionado antes de Wendlinger ou de Patrick Tambay no Gran Premio de Mónaco de 1984

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Mónaco

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1950 Juan Manuel Fangio Alfa Romeo 3:13:18,700 h 3,180 km 100 98,701 km/h 21. Maio Modelo:MONb Mónaco
1955 Francia Maurice Trintignant Ferrari 2:58:09,800 h 3,145 km 100 105,914 km/h 22. Maio
1956 Modelo:RUb Stirling Moss Maserati 3:00:32,900 h 3,145 km 100 104,515 km/h 13. Maio
1957 Juan Manuel Fangio Maserati 3:10:12,800 h 3,145 km 105 104,165 km/h 19. Maio
1958 Francia Maurice Trintignant Cooper-Climax 2:52:27,900 h 3,145 km 100 109,414 km/h 18. Maio
1959 Australia Jack Brabham Cooper-Climax 2:55:51,300 h 3,145 km 100 107,304 km/h 10. Maio
1960 Modelo:RUb Stirling Moss Lotus-Climax 2:53:45,500 h 3,145 km 100 108,599 km/h 29. Maio
1961 Modelo:RUb Stirling Moss Lotus-Climax 2:45:50,100 h 3,145 km 100 113,788 km/h 14. Maio
1962 Modelo:NCEb Bruce McLaren Cooper-Climax 2:46:29,700 h 3,145 km 100 113,337 km/h 3. Xuño
1963 Modelo:RUb Graham Hill BRM 2:41:49,700 h 3,145 km 100 116,605 km/h 26. Maio
1964 Modelo:RUb Graham Hill BRM 2:41:19,500 h 3,145 km 100 116,969 km/h 10. Maio
1965 Modelo:RUb Graham Hill BRM 2:37:39,600 h 3,145 km 100 119,688 km/h 30. Maio
1966 Modelo:RUb Jackie Stewart BRM 2:33:10,500 h 3,145 km 100 123,192 km/h 22. Maio
1967 Modelo:NCEb Denis Hulme Brabham-Repco 2:34:34,300 h 3,145 km 100 123,079 km/h 7. Maio
1968 Modelo:RUb Graham Hill Lotus-Ford 2:00:32,300 h 3,145 km 80 125,238 km/h 26. Maio
1969 Modelo:RUb Graham Hill Lotus-Ford 1:56:59,400 h 3,145 km 80 129,037 km/h 18. Maio
1970 Austria Jochen Rindt Lotus-Ford 1:54:36,600 h 3,145 km 80 131,716 km/h 10. Maio
1971 Modelo:RUb Jackie Stewart Tyrrell-Ford 1:52:21,300 h 3,145 km 80 134,360 km/h 23. Maio
1972 Francia Jean-Pierre Beltoise BRM 2:26:54,700 h 3,145 km 80 102,756 km/h 14. Maio
1973 Modelo:RUb Jackie Stewart Tyrrell-Ford 1:57:44,300 h 3,278 km 78 130,298 km/h 3. Xuño
1974 Ronnie Peterson Lotus-Ford 1:58:03,700 h 3,278 km 78 129,941 km/h 26. Maio
1975 Austria Niki Lauda Ferrari 2:01:21,310 h 3,278 km 75 121,552 km/h 11. Maio
1976 Austria Niki Lauda Ferrari 1:59:51,470 h 3,278 km 78 127,994 km/h 30. Maio
1977 Jody Scheckter Wolf-Ford 1:57:52,770 h 3,312 km 76 128,120 km/h 22. Maio
1978 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 1:55:14,660 h 3,312 km 75 129,325 km/h 7. Maio
1979 Jody Scheckter Ferrari 1:55:22,480 h 3,312 km 76 130,902 km/h 27. Maio
1980 Carlos Reutemann Williams-Ford 1:55:34,365 h 3,312 km 76 130,677 km/h 18. Maio
1981 Gilles Villeneuve Ferrari 1:54:23,380 h 3,312 km 76 132,029 km/h 31. Maio
1982 Italia Riccardo Patrese Brabham-Ford 1:54:11,259 h 3,312 km 76 132,262 km/h 23. Maio
1983 Finlandia Keke Rosberg Williams-Ford 1:56:38,121 h 3,312 km 76 129,487 km/h 15. Maio
1984 Francia Alain Prost McLaren-TAG-Porsche 1:01:07,740 h 3,312 km 31 100,776 km/h 3. Xuño
1985 Francia Alain Prost McLaren-TAG-Porsche 1:51:58,034 h 3,312 km 78 138,435 km/h 19. Maio
1986 Francia Alain Prost McLaren-TAG-Porsche 1:55:41,060 h 3,328 km 78 134,634 km/h 11. Maio
1987 Ayrton Senna Lotus-Honda 1:57:54,085 h 3,328 km 78 132,102 km/h 31. Maio
1988 Francia Alain Prost McLaren-Honda 1:57:17,077 h 3,328 km 78 132,797 km/h 15. Maio
1989 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:53:33,251 h 3,328 km 77 135,401 km/h 7. Maio
1990 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:52:46,982 h 3´328 km 78 138´097 km/h 27. Maio
1991 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:53:02,334 h 3´328 km 78 137´785 km/h 12. Maio
1992 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:50:59,372 h 3´328 km 78 140´329 km/h 31. Maio
1993 Ayrton Senna McLaren-Ford 1:52:10,947 h 3´328 km 78 138´837 km/h 23. Maio
1994 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford 1:49:55,372 h 3´328 km 78 141´691 km/h 15. Maio
1995 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Renault 1:53:11,258 h 3´328 km 78 137´604 km/h 28. Maio
1996 Francia Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 2:00:45,629 h 3´328 km 78 124´014 km/h 19. Maio
1997 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 2:00:05,654 h 3´367 km 62 104´295 km/h 11. Maio
1998 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:51:23,595 h 3´367 km 78 141´459 km/h 24. Maio
1999 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:49:31,812 h 3´367 km 78 143´865 km/h 16. Maio
2000 Modelo:RUb David Coulthard McLaren-Mercedes 1:49:28,213 h 3´370 km 78 144´072 km/h 4. Xuño
2001 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:47:22,561 h 3´370 km 78 146´882 km/h 27. Maio
2002 Modelo:RUb David Coulthard McLaren-Mercedes 1:45:39,055 h 3´370 km 78 149´280 km/h 26. Maio
2003 Juan Pablo Montoya Williams-BMW 1:42:19,012 h 3´340 km 78 152´772 km/h 1. Xuño
2004 Italia Jarno Trulli Renault 1:45:46,601 h 3´340 km 77 145´881 km/h 23. Maio
2005 Finlandia Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes 1:45:15,556 h 3´340 km 78 148´502 km/h 22. Maio
2006 España Fernando Alonso Renault 1:43:43,116 h 3´340 km 78 150´708 km/h 28. Maio
2007 España Fernando Alonso McLaren-Mercedes 1:40:29,329 h 3´340 km 78 155´552 km/h 27. Maio
2008 Modelo:RUb Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 2:00:42,742 h 3´340 km 76 126´170 km/h 25. Maio
2009 Modelo:RUb Jenson Button Brawn GP-Mercedes 1:40:44.282 h 3´340 km 78 155´167 km/h 24. Maio
2010 Australia Mark Webber Red Bull Racing 1:50:13.355 h 3´340 km 78 141´815 km/h 16. Maio
2011 Austria Sebastian Vettel Red Bull Racing 2:09:38,373 h 3´340 km 78 120´574 km/h 29. Maio
2012 Austria Mark Webber Red Bull Racing 1:46:06.557 h 3´340 km 78 147´312 km/h 27. Maio
2013 3´340 km 78 26. Maio

Record: A.Senna (6 veces)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas