Conversa usuario:91.117.20.74

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 91.117.20.74 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases. Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte fai clic nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Wikipedia:Como rexistrarse.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.

Ola, anónimo. Como andamos?

Anímaste a actualizar algo o Portal:Fórmula 1?

De calquera xeito, parabéns polo traballo.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 19:21, 27 de outubro de 2012 (UTC)

Quilómetros[editar a fonte]

Bos días, como vexo que editas moitos artigos de automovilismo, coméntoche un erro bastante común que atopei neles para que tentes evitalo: estase a usar o termo *kilómetro cando en galego o correcto é quilómetro. Se usas a forma abreviada, km, non hai problema porque ese é o símbolo no Sistema Internacional de medidas. Un saúdo e parabéns polo teu estupendo traballo, --Elisardojm (conversa) 20 de marzo de 2013 ás 10:11 (UTC)[responder]

Crear unha conta de usuario[editar a fonte]

Ola, creo que deberías crear unha conta polos motivos que aparecen en aquí. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 5 de abril de 2013 ás 11:40 (UTC)[responder]

Interwikis[editar a fonte]

Ola 91.117.20.74.

Cando crees un artigo, lembra engadir o interwiki do artigo que acabas de crear no Wikidata. Nota: Pode ser que o Wikidata non funcione no Internet Explorer.

Para iso, vai a ese mesmo artigo noutra lingua.

Premes na ligazón "Editar as ligazóns" para ir ó elemento do Wikidata que contén os interwikis.
Logo, premes no botón "engadir".
No campo "sitio", pos o código da Wikipedia, neste caso gl; e en "artigo" introduces o título do artigo.
Para finalizar, premes en "gardar".

Un saúdo e a seguir! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 21 de maio de 2013 ás 20:42 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola 91.117.20.74. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 27 de maio de 2013 ás 16:28 (UTC)[responder]

Puntos cardinais[editar a fonte]

Por exemplo, os puntos cardinais, en galego:

Noroeste Norte Nordés ou nordeste
Oeste
Rosa dos ventos
Leste
Suroeste Sur Sueste

Máis información e pronuncia: Dicionario da Real Academia Galega. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xuño de 2013 ás 00:44 (UTC)[responder]