Padrón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Komun (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Komun (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 78: Liña 78:
==Eleccións en Padrón==
==Eleccións en Padrón==


O [[PP]] predominou na política padronesa dende a chegada da democracia, na persoa de [[Jesús Villamor Calvo]] coma incombustible alcalde, dende o ano 1983 ata o 2007. Nese ano, unha coalición de goberno entre o [[PSOE]] e un partido independente (escisión no seu dia do [[PP]], deulle o bastón de mando ao actual alcalde [[Camilo Forján Seoane]]), pertencente ao [[PSOE]]
O [[PP]] predominou na política padronesa dende a chegada da democracia, na persoa de [[Jesús Villamor Calvo]] coma incombustible alcalde, dende o ano 1983 ata o 2007. Nese ano, unha coalición de goberno entre o [[PSOE]] e un partido independente (escisión no seu dia do [[PP]]), deulle o bastón de mando ao actual alcalde [[Camilo Forján Seoane]]), pertencente ao [[PSOE]]. O [[BNG]] e o [[PG]] tamén apoiaron a investidura do devandito, aínda que non forman parte do goberno municipal.


<center>
<center>

Revisión como estaba o 20 de abril de 2011 ás 10:40

Padrón
Escudo de Padrón
Situación
Xentilicio[1]Padronés - Iriense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Sar
Poboación8.968 hab. (2009)[2][3]
Área48,4 km²[3]
Densidade185,29 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias[4]
Política (2007)
AlcaldeCamilo Forján Seoane (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 3
Outros: C.I.PA 3, PG 1
Eleccións municipais en Padrón
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes97,44%
Na rede
www.concellodepadron.org
editar datos en Wikidata ]

Padrón é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca do Sar. Segundo o IGE en 2010 tiña 8.985 habitantes (9.016 no 2006, 9.035 no 2005, 9.070 no 2004, 9.136 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é padronés ou iriense. Limita ao norleste co concello de Teo, ao surleste co d'A Estrada, ao sur co de Pontecesures, ao sudoeste co de Dodro e ao noroeste co de Rois.

Evolución da poboación de Padrón   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7.415 7.351 8.505 9.948 9.070 8.985
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Etimoloxía

O topónimo da vila procede de "pedrón" (do latin "Petronem"), do altar de orixe romana adicado ao deus Neptuno, localizado orixinalmente na beira esquerda do río Sar e levado no século XV ao interior da igrexa parroquial de Santiago de Padrón.

Xeografía

O concello abrangue 5 parroquias,(Padrón,Cruces,Iria Flavia,Herbón e Carcacía). Ten unha superficie de 48,37 km². Está situado ás beiras do río Sar, xa na súa desebocadura na confluencia do río Ulla e a ría de Arousa.

Historia

No concello de Padrón apenas hai restos anteriores á romanización, debido posiblemente a que a desembocadura do río Sar é unha zona pantanosa. A primeira poboación da que se ten constancia é Iria Flavia, fundada posiblemente durante a dinastía dos Flavios, entre os anos 69 e 96.

A economía dos primeiros poboadores debeu estar baseada na pesca e o marisqueo, como demostran os restos arqueolóxicos atopados nos arredores como conchas de bibalvos, cerámicas especiais e unha serie de obxectos represantativos.

A tradición di que cara ao ano 34 desembarcou en Iria o Apóstolo Santiago, e que amarrou a súa barca á ara antes mencionada. Conta a lenda que os seus discípulos Teodoro e Anastasio trouxeron os seus restos mortais desde Xudea no ano 44, enterrándoo nun outeiro río Sar arriba, no que hoxe é Santiago de Compostela, no monte Libredón, onde se construíu a catedral de Santiago.

Trala chegada do Catolicismo e o reino de Galiza, na Idade Media consituíuse a diocese de Iria, cuxa historia aparece reflexada no Chronicon Iriense. Desde o descubrimento dos restos do Apóstolo durante o bispado de Teodomiro, Padrón convértese en lugar de paso da vía dos peregrinos que chegan por mar, pero tamén en obxectivo para as saqueadores viquingos e normandos entre os séculos X e XI (véxase viquingos en Galicia), polo que Afonso V mandou reconstruír en Catoira as Torres do Oeste, sobre os restos do Castellum honesti de orixe romana. Con esta defensa, a vila de Padrón tivo gran prosperidade durante os séculos XII e XIII.

O arcebispo Diego Xelmírez, nado nas Torres do Oeste, foi un dos artífices desa prosperidade, mandando construír un peirao (que se mantivo activo até o século XVII, cando os aluvións do río Sar provocaron a retirada da ría), onde se sitúa actualmente a igrexa de Santiago. Dos seus estaleiros saíeron as primeiras galeras da marina española. No século XV o arcebispo Rodrígo de Luna estivo dous anos en Padrón con todo o cabildo compostelán para protexerse dos condes de Altamira. Na igrexa de Iria Flavia consérvase o seu sepulcro, con estatua xacente.

Padrón está vinculado a importantes figuras da literatura, como Macías o Namorado, Xoán Rodríguez de Padrón, Rosalía de Castro ou Camilo José Cela.

Eleccións en Padrón

O PP predominou na política padronesa dende a chegada da democracia, na persoa de Jesús Villamor Calvo coma incombustible alcalde, dende o ano 1983 ata o 2007. Nese ano, unha coalición de goberno entre o PSOE e un partido independente (escisión no seu dia do PP), deulle o bastón de mando ao actual alcalde Camilo Forján Seoane), pertencente ao PSOE. O BNG e o PG tamén apoiaron a investidura do devandito, aínda que non forman parte do goberno municipal.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PP 3.110 49,03 % 7
PSOE 1.359 21,43 % 3
BNG 556 8,77 % 1
OUTROS 1.231 19,41 % 2
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PP 2.262 35,49 % 5
PSOE 1.637 25,69 % 3
BNG 687 10,80 % 1
OUTROS 1.786 28,02 % 4


Patrimonio

Na igrexa parroquial de Santiago de Padrón consérvanse dous epígrafes: un en latín, sobre a tradición do santo, e outro de 1133, sobre a reconstrución do templo iniciada polo bispo Xelmírez.

Na ermida de Santiaguiño do Monte, á que segundo a lenda se retiraba a rezar o oapóstol tralas súas predicas, celébrase cada 25 de xullo unha popular romaría.

A casa da Matanza é o pazo onde residiu Rosalía de Castro, situado no extrarradio, fronte á estación de Padrón. Actualmente acolle un museo. Nos arredores da poboación existen outros pazos e casas señoriais.

A vila acolle cada domingo a feira de Padrón, unha das de máis sona de Galiza, onde ademais de roupa e apeiros, destacan os produtos hortofrutícolas da zona, en especial os coñecidos pementos.

Igrexa.

Os pementos de Padrón, están vencellados ao mosteiro de San Francisco de Herbón, onde foron levados por frades franciscanos cara ao século XVI ou XVII, seguramente procedentes de México ou o sur dos EUA.

Padrón na cultura popular

Véxote no Milladoiro,
no Faramelo, en Padrón,
e hastra pola Ponte Valga
te vexo no corazón.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Padrón.

Lugares de Padrón

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Padrón vexa: Lugares de Padrón.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Padrón

Carcacía (San Pedro) | Cruces (Santa María) | Herbón (Santa María) | Iria Flavia (Santa María) | Padrón (Santiago)

Referencias

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Padrón".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Ligazóns externas

Modelo:Véxase