Conversa usuario:Komun

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Komun!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Alberte Si, dígame? 17:09, 16 febreiro 2010 (UTC)

Boas, corrixinche o artigo de Megatrón no que se refire á lingua e o formato. Bótalle un ollo e así aprendes para os seguintes.[1] Un saúdo e aquí me tes para o que necesites. --Atobar (conversa comigo) 20:06, 20 de novembro de 2010 (UTC)

Licenzas de imaxes[editar a fonte]

De onde tiras esta foto? Es ti o autor? Cómpre que indicas a licenza. --Atobar (conversa comigo) 20:07, 20 de novembro de 2010 (UTC)

Warning sign
Esta imaxe, salvo que se lle engadan os datos requiridos,
vai ser borrada no prazo dunha semana.
Image:Caracol wgb.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Caracol wgb.jpg, cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia procedentes de páxinas web teñen que ter unha licenza e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta.

Na orixe (páxina da que procede a imaxe) debe indicarse con exactitude a licenza con que a imaxe debe ser compartida na Galipedia. En caso contrario a imaxe será borrada.

Agradecémosche que indiques nos datos da imaxe o lugar preciso da páxina de orixe en que se fai mención exacta da licenza con que a imaxe se comparte na Galipedia. Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outras imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explicitamente que as imaxes están no dominio público, permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial e indiquen a licenza con que poden ser compartidas.


--. HombreDHojalata.conversa 10:03, 21 de abril de 2011 (UTC)

A licenza GFDL baixo a que se licencian os textos da Wikipedia require o recoñecemento da autoría mesmo cando os artigos proceden doutra Wikipedia. Paralelamente indicar no resumo a orixe do artigo facilita a verificación do contido por parte doutros colaboradores do wiki.

Exemplos de resumos para traducións

tradución do artigo da Wikipedia na_lingua_que_sexa [[:indicativo_de_lingua:Nome_do_artigo]]

Tomando como exemplo o artigo Albert Einstein algunhas das opcións para o resumo son:

Exemplo de resumo para un artigo que non conteña información sobre a súa orixe e licenza no que se engade a información a posteriori.


--. HombreDHojalata.conversa 22:41, 22 de abril de 2011 (UTC)

O que da ou non oficialidade a un escudo é o brasón, é dicir, o texto da descrición heráldica, aprobado oficialmente no boletín correspondente. A imaxe do escudo é un deseño, unha interpretación do brasón que fai un deseñador, e que, como tal, pode ter reservados os seus dereitos de autoría. O que vostede fixo foi violar eses dereitos, e por ese motivo a imaxe que subiu foi marcada en Wikimedia Commons como copyvio e candidata a un borrado rápido [2]

Se tirou a imaxe da páxina do concello, pode ler nela o seguinte: "O Concello de Padrón é titular dos dereitos de propiedade intelectual do deseño e códigos que se recollen no dominio www.concellodepadron.es , salvo expresa referencia noutro sentido. As marcas ou signos distintivos de calquera clase que se recollen no dominio www.concellodepadron.es están igualmente protexidos pola lexislación vixente. A reprodución, distribución, comercialización ou modificación non autorizada de todos eles constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual."

Aproveito para animalo a que revise o artigo The Day of the Triffids. Un saúdo, e non esqueza asinar as súas mensaxes nas páxinas de conversa. --. HombreDHojalata.conversa 19:56, 28 de novembro de 2011 (UTC)