Fútbol Club Barcelona: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 5: Liña 5:
alcume = ''Barça, Blaugranas, Culés, Azulgranas'' |
alcume = ''Barça, Blaugranas, Culés, Azulgranas'' |
fundacion = [[1899]] |
fundacion = [[1899]] |
estadio = [[Camp Nou]], <br />[[Barcelona]], [[Cataluña]] [[Ficheiro:Flag of Catalonia.svg|20px]] |
estadio = [[Camp Nou]], <br />[[Barcelona]], [[Cataluña]] [[Ficheiro:Flag of España.svg|20px]] |
inauguracion = [[1957]]|
inauguracion = [[1957]]|
capacidade = 98.787|
capacidade = 98.787|
presidente = [[Ficheiro:Flag of Catalonia.svg|20px|Cataluña]] [[Joan Laporta]] |
presidente = [[Ficheiro:Flag of España.svg|20px|Cataluña]] [[Joan Laporta]] |
adestrador = [[Ficheiro:Flag of Catalonia.svg|20px|Cataluña]] [[Josep Guardiola]] |
adestrador = [[Ficheiro:Flag of España.svg|20px|Cataluña]] [[Josep Guardiola]] |
liga = [[Primeira División Española]] |
liga = [[Primeira División Española]] |
tempada = 2009-10 |
tempada = 2009-10 |

Revisión como estaba o 24 de maio de 2010 ás 18:34

Futbol Club Barcelona
NomeFutbol Club Barcelona
Alcume(s)Barça, Blaugranas, Culés, Azulgranas
Fundación1899
EstadioCamp Nou,
Barcelona, Cataluña
Inauguración1957
Capacidade98.787
PresidenteCataluña Joan Laporta
AdestradorCataluña Josep Guardiola
LigaPrimeira División Española
2009-10
VestimentaNike
PatrocinadorUNICEF
Na rede
http://www.fcbarcelona.cat/
IMDB: nm8532013 Facebook: fcbarcelona Twitter: fcbarcelona Instagram: fcbarcelona MySpace: fcbarcelona1 LinkedIn: fc-barcelona Snapchat: fcbsnap Youtube: UC14UlmYlSNiQCBe9Eookf_A Pinterest: fcbarcelona TikTok: fcbarcelona Twitch: fcbarcelona GitHub: fcbarcelona Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Futbol Club Barcelona, coñecido popularmente como "Barça", é un club deportivo catalán da cidade de Barcelona. Fundouse o 29 de novembro de 1899 por un grupo de doce futbolistas afeccionados, comandado polo suízo Joan Gamper. O seu lema é "El Barça és més que un club". Os seareiros do Barcelona son coñecidos co sobrenome de "culés".

Unha das principais características do Barcelona é o seu carácter polideportivo. Ademais da súa sección principal, a de fútbol, o club conta con outras catro seccións profesionais: as de baloncesto, balonmán, hóckey sobre patíns e fútbol sala. Entre as cinco seccións profesionais, o FC Barcelona suma 29 Copas de Europa. Ademais destas cinco seccións profesionais, o club conta con seccións amateurs noutras disciplinas deportivas: hóckey sobre herba, atletismo, patinaxe, hóckey sobre xeo, béisbol, voleibol, rugby e ciclismo. As 10 disciplinas de deportes de equipo masculino senior achegáronlle ao club 83 ligas nacionais e 108 copas de España.

En 2009 o club de fútbol gañou tódalas competicións que disputou: Liga, Copa, Supercopa de España, Liga de Campións, Supercopa de Europa e Copa Mundial de Clubes, pasando á historia por ser o primeiro equipo do mundo en gañar seis títulos oficiais nun mesmo ano.[1]

Historia


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Aínda que o Barcelona ten equipos de primeira liña en diferentes deportes, a máis famosa e coñecida sección é o primeiro equipo de fútbol, que compite na primeira división da Liga española de fútbol, tamén coñecida como "A Liga das Estrelas". Agás a Copa Intercontinental, gañou tódolos trofeos posibles, de feito, é un dos catro clubs europeos que gañou as tres máximas competicións europeas. É o único equipo de Europa que leva clasificándose tódolos anos para xogar competicións europeas e tamén un dos tres equipos que sempre xogan na Liga dende a súa primeira edición no ano 1928 que ademais gañou o FC Barcelona.

Tempada 2006-2007

Na tempada 2006-2007 o Barcelona comezaba coma o vixente campión da Liga e da Champions League sendo a cuarta tempada de Frank Rijkaard coma adestrador do equipo.

O equipo so tería catro fichaxes, o italiano Gianluca Zambrotta, o francés Lilian Thuram, o islandés Eiður Guðjohnsen e o arxentino Javier Saviola. As baixas dese ano foron Mark van Bommel, Henrik Larsson e Maxi Rodríguez.

Nesta tempada o primeiro equipamento pasou a ter franxas mais anchas, sendo a camiseta completamente arlequinada, mentres que o segundo equipamento foi laranxa coa bandeira catalá nunha das mangas.

Nas dúas últimas xornadas de liga o Barcelona acadou dous empates, un fronte ao Betis e outro fronte ao Espanyol na última xornada, o que fixo que o Barcelona rematara na segunda posición empatado a puntos có Real Madrid, que quedou gañador da liga por mor da diferencia de goles entre ámbolos dous equipos.


Lionel Messi.

Himno

O himno oficial do Barça, denominado oficialmente Cant del Barça foi creado e estreado en 1974, con motivo dos actos de celebración do 75 aniversario do club. A letra foi escrita por Jaume Picas e Josep María Espinàs, e a música foi composta por Manuel Valls i Gorina. Está integramente escrito en catalán, e na versión oficial está interpretada pola Coral Sant Jordi.

Nos últimos anos foi interpretado por recoñecidos cantantes como Joan Manuel Serrat, con motivo de diferentes actos como a conmemoración do centenario do club. Ademais, a directiva presidida por Joan Laporta incentivou que variados intérpretes e conxuntos musicais interpretáseno no estadio do Camp Nou, nos prolegómenos dos partidos de fútbol, versionándolo e adaptándoo aos máis variados estilos musicais: pop, rock, rap, samba ou rumba, entre outros.

Un dos detalles que caracterizan ao himno é a referencia ao carácter aberto e integrador do club, que non diferencia a procedencia xeográfica dos seguidores; como di unha das estrofas, «tanto dá de onde vimos, se do sur ou do norte, unha bandeira nos irmá».

Escudo

Ficheiro:Escudobarcelona-v1.JPG
Escudo do club

O escudo do Fútbol Club Barcelona ten forma de «pota», dividida en tres cuarteis. Nos dous superiores reprodúcese a bandeira de Barcelona, isto é, a Cruz de San Xurxo e a bandeira de Cataluña. No cuartel inferior aparece un balón sobre as cores azul e vermello do club. No centro do escudo, nunha franxa, aparecen as iniciais do club, «F.C.B.».

Uniforme

Da combinación das cores azul e granate provén o sobrenome de «azulgrana» co que se coñece aos xogadores e afeccionados do club. Estas cores sempre estiveron presentes na camiseta do equipo. Os pantalóns nun principio eran brancos e logo pasaron a ser azuis. A marca do uniforme é Nike e leva publicidade de Unicef e tamén de TV3.

Os uniformes oficiais para a tempada 2009-10 son:

  • Uniforme titular: Camiseta azulgrana a raias verticais, pantalón azul e medias azulgranas a raias horizontais.
  • Uniforme alternativo: Camiseta laranxa, pantalón azul e medias laranxas.
  • Terceiro uniforme: Camiseta amarela cunha franxa vertical azulgrana, pantalón azul e medias amarelas.


Evolución do uniforme

1899


1910


1913


1920


1991-1992


Visitante 1991-1992


1992-1993


1993-1994


1995


1998


1999


2000


2005


2ª 2005


2006


2ª 2006


2007


2ª 2007


2008


2ª 2008


3ª 2008


Estadio

Artigo principal: Camp Nou.
Camp Nou desde o exterior.
Ficheiro:Camp nou 2.jpg
Camp Nou desde o interior

O actual estadio do Barcelona é o Camp Nou, situado no barrio de Les Corts da cidade de Barcelona. Ten unha capacidade de 98.772 espectadores e as dimensións do terreo de xogo son 105 x 68 m. Inaugurouse en 1957 cun partido entre o Barça e a Selección de Varsovia (4-2).

Con anterioridade ao Camp Nou, o FC Barcelona tivo dous estadios. Entre 1909 e 1922 xogaba nun campo da rúa Indústria de Barcelona, vulgarmente chamado L'Escopidora. Entre 1922 e 1957 disputou os seus partidos no Campo de Les Corts, inaugurado para acoller a 30.000 espectadores, e que chegou a ter unha capacidade de 60.000 persoas.

Outras instalacións deportivas a destacar son a Cidade Deportiva Joan Gamper, A Masí­a, o Mini Estadi e o Palau Blaugrana.

Datos do club

Xogadores

Cadro Actual

Posto País Xogador
1 POR España Víctor Valdés Capitán
2 DEF Daniel Alves
3 DEF España Gerard Piqué
4 DEF Rafael Márquez
5 DEF España Carles Puyol Capitán
6 MED España Xavi Hernández Capitán
8 MED España Andrés Iniesta Capitán
9 DIA Zlatan Ibrahimović
10 DIA Lionel Messi
11 DIA España Bojan Krkić
13 POR España José Manuel Pinto
Posto País Xogador
14 DIA Francia Thierry Henry
15 MED Seydou Keita
16 MED España Sergio Busquets
17 DIA España Pedro Rodríguez
18 DEF Gabriel Milito
19 DEF Maxwell
21 DEF Ucraína Dmytro Chygrynskiy
22 DEF Francia Éric Abidal
24 MED Costa do Marfil Yaya Touré
35 DIA Jeffrén Suárez

Xogadores de éxito

Palmarés

Torneos rexionais

Torneos estatais

Celebración do título de liga 2004-05

Outros torneos nacionais

Torneos internacionais

Outros torneos internacionais

Técnicos de éxito

Filial

Artigo principal: Futbol Club Barcelona Atlètic.

O equipo filial do Barça é o Barcelona Atlètic, fundado en 1970. Actualmente xoga na Segunda División B, aínda que estivo 17 tempadas en Segunda.

Polas filas do Barcelona Atlètic pasaron os mellores xogadores que chegaron ao primeiro equipo do Barcelona procedentes da canteira barcelonista: Carrasco, Calderé, Amor, Ferrer, Guardiola, Sergi, Valdés, Iniesta, De la Peña, Puyol, Gerard ou Xavi, así como futbolistas que desenvolveron o groso da súa carreira noutros equipos importantes como Nayim, Luís García, Luque, Sergio García ou Cesc Fàbregas. A última estrela xurdida do Barcelona Atlètic é o arxentino Lionel Messi.

Trivial

Publicidade

O Barça foi coñecido pola súa costume de rexeitar a publicidade na súa camiseta do primeiro equipo. De calquera xeito, dende o 2005 leva un pequeno logo da TV3 no brazo dereito e a partir da tempada 2006-07 loce o logo de UNICEF. Este logo na camiseta forma parte da iniciativa social do club.

"Culés"

O signficado etimolóxico desta palabra deriva da palabra cul que significa literalmente "cu" en catalán. Esta palabra foi creada ó principio dos anos vinte, xa que os seguidores que se sentaban no posición máis alta do estadio, dende foro a xente vían os cus dos seguidores.

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Primera Division

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA