Seydou Keita
Seydou Keita | |||
---|---|---|---|
![]() Keita xogando para o Barcelona. | |||
Información persoal | |||
Nome | Seydou Keita | ||
Nacemento | 16 de xaneiro de 1980 (43 anos) | ||
Lugar de nacemento | Bamaco | ||
Altura | 1,83 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Valencia | ||
Número | - | ||
Carreira xuvenil | |||
1995–1997 | Centre Salif Keita | ||
1997–1999 | Marsella | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1999–2000 | Marsella | 6 | (0) |
2000–2002 | Lorient | 58 | (1) |
2002–2007 | Lens | 157 | (19) |
2007–2008 | Sevilla | 31 | (4) |
2008–2012 | Barcelona | 119 | (16) |
2012–2013 | Dalian Aerbin | 37 | (10) |
2014– | Valencia | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2000– | Malí | 88 | (24) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 7 de novembro de 2013. Selección: actualizado a 15 de outubro de 2013.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Seydou Keïta, nado o 16 de xaneiro de 1980 en Bamaco, é un futbolista maliano, e tamén ten nacionalidade francesa. É primo de Mohamed Sissoko, xogador da Juventus FC. Xoga de mediocentro e dende 2016 é xogador do El Jaish SC da Liga qatarí e da Selección de Malí.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Keita estivo 4 tempadas no Racing Club de Lens, da Liga Francesa, na súa última tempada xogou 37 partidos e marcou 11 goles, causando o interese de grandes equipos europeos.
Tras o seu paso polo Racing Club de Lens, na tempada 2007/08 foi fichado polo Sevilla FC onde xogou 31 partidos de Liga anotando 4 goles, tamén xogou 9 partidos de Champions nos que anotou 3 goles, e proclamouse campión da Supercopa de España 2007.
O 26 de maio de 2008, o FC Barcelona fixo efectiva súa cláusula de 14 millóns de euros e foi fichado polo conxunto catalán, converténdose así na primeira fichaxe de era Guardiola. No club azulgrana portou o dorsal número 15, anteriormente usado polo brasileiro Edmílson. Foi o primeiro xogador de Malí en militar no equipo azulgrana.
O 25 de outubro de 2009 conseguiu o seu primeiro hat-trick na vitoria do FC Barcelona por 6-1 ante o Real Zaragoza, no que foi a súa mellor actuación coa elástica blaugrana.
Keita é o unico xogador de Malí que conseguiu tres títulos nunha soa tempada (copa, liga e Liga de Campións).
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Seydou Keita é internacional absoluto con Malí desde o ano 2003. Con "As Aguias" participou, entre outros, na Copa Africa de 2008, quedando eliminados na primeira rolda.
Pero a súa traxectoria na selección comezou de moi nova e con bos resultados. De feito, Keita gañou o Balón de Ouro como mellor xogador do Mundial sub-20 que se xogou o ano 1999 en Nixeria por diante de xogadores como Xavi ou Ronaldinho. Malí acabou na terceira posición nunha competición que gañou a selección española, na que xogaba Xavi Hernández.
Foi internacional en 88 ocasións coa Selección de fútbol de Malí e marcou 24 goles.
Clubs[editar | editar a fonte]
Club | País | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Olympique de Marsella | ![]() |
1997-2000 | 6 | 0 |
FC Lorient | ![]() |
2000-2002 | 58 | 1 |
RC Lens | ![]() |
2002-2007 | 157 | 19 |
Sevilla FC | ![]() |
2007-2008 | 31 | 4 |
FC Barcelona | ![]() |
2008-2012 | 119 | 16 |
Dalian Aerbin | ![]() |
2012-2013 | 37 | 10 |
Valencia CF | ![]() |
2014- | 0 | 0 |
Palmarés[editar | editar a fonte]
Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]
Copas internacionais[editar | editar a fonte]
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa Intertoto da UEFA | RC Lens | Francia | 2005 |
Liga de Campións da UEFA | FC Barcelona | España | 2009 |
Copa Mundial de Clubs da FIFA | FC Barcelona | España | 2009 |
Distincións individuais[editar | editar a fonte]
Distinción | Ano |
---|---|
Balón de ouro no Mundial sub-20 | 1999 |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- FIFA.com - Seydou Keita Arquivado 07 de novembro de 2009 en Wayback Machine.
- Ficha de Keita no sitio web do FC Barcelona
- Futbolistas de Malí
- Xogadores da selección de fútbol de Malí
- Xogadores do Olympique de Marsella
- Xogadores do FC Lorient
- Xogadores do RC Lens
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do Valencia CF
- Centrocampistas de fútbol
- Nados en Bamaco
- Nados en 1980
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA