Erinome (lúa)
Erinome (ou en grego Ερινόμη), tamén coñecida coma Xúpiter XXV, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2000, e recibiu a designación temporal S/2000 J 4.[1][2]
Erinome ten uns 3,2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 22,986 millóns de kms, tarda 711,965 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 164° con respecto á eclíptica (162° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2552. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.
Recibiu oficialmente o seu nome en outubro do ano 2002, Erinome na mitoloxía greco-romana era filla de Celes, e foi obrigada por Venus a namorarse de Xúpiter.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 7555: Satellites of Jupiter Arquivado 16 de setembro de 2002 en Wayback Machine. 5 de xaneiro do 2001 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2001-A28: S/2000 J 2, S/2000 J 3, S/2000 J 4, S/2000 J 5, S/2000 J 6 5 de xaneiro do 2001 (descubrimento e efemérides)
- ↑ USGS Gazetteer of Planetary Nomenclature