Poni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Poni islandés.
Poni trotando.

Un poni,[1] (pony en inglés ou poney en francés, probablemente todas elas procedentes da palabra francesa obsoleta poulenet, diminutivo de poulain, "poldro"), é un cabalo pequeno duns 150 cm de altura máxima ata a cruz, e un peso medio de 100 kg. É moi rústico e resistente, con formas máis ou menos masivas, perfil recto e orellas triangulares en lugar de dirixidas cara a dentro como os cabalos de maior alzada. As razas máis puras e primitivas conservan caracteres dos equinos primitivos, como raias ó longo do lombo, ou mesmo nas patas e crinas tupidas.

As razas de cabalos de pequena estatura orixinarios de Inglaterra reciben o nome xenérico inglés de ponys; deles, o Shetland (Escocia) é o máis pequerrecho, con tamaños que van dos 70 cm ós 106 cm ata a cruz. Aparentemente todos os ponis de Europa occidental pertencen ó mesmo grupo, chamado «céltico», que tamén engloba outras razas como os asturcóns, os ponis galegos, os monchinos ou os Forest.

Razas de poni[editar | editar a fonte]

Razas europeas[editar | editar a fonte]

Gran Bretaña
Península ibérica
Europa Central
Europa do Norte

Razas africanas[editar | editar a fonte]

Razas asiáticas[editar | editar a fonte]

Razas americanas[editar | editar a fonte]

Norteamérica
Suramérica

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]