Eleccións lexislativas de Palestina de 2006
O 25 de xaneiro de 2006, celebráronse as eleccións para o Consello Lexislativo Palestino (CLP), o poder lexislativo da Autoridade Nacional Palestina (ANP). Esta foi a primeira elección para o CLP dende 1996; ás eleccións anteriores atrasáranse en varias ocasións debido ao conflito árabe-israelí. Puideron votar os habitantes da Franxa de Gaza e Cisxordania, incluíndo Xerusalén Leste.
Os resultados finais mostraron a vitoria de Hamás, con 74 escanos, contra os 45 de Fatah, o que lle deu a Hamás unha maioría absoluta, 75 de 132 deputados, permitíndolle formar un goberno sen ter que chegar a alianzas.
Das listas electorais, Hamás recibiu o 44,45 % e Fatah o 41,43 %[1] e nos Distritos electorais, Hamás recibiu o 41,73 % contra o 36,96 %.[1]
O Primeiro Ministro, Ahmed Qurei, matívose no poder como interino, pola petición do presidente Mahmoud Abbas, ata o 19 de febreiro, cando o líder de Hamás Ismail Haniya formou un novo goberno.
En resposta á vitoria de Hamás e ao conseguinte conflito con Fatah, o Cuarteto, un importante apoio financeiro da ANP, conxelou os fondos desta tralas eleccións, ademais Israel retivo os ingresos fiscais recadados no nome da Autoridade Nacional Palestina, o que fixo que se desplomase a economía.
Resultados
[editar | editar a fonte]A Comisión Electoral Central deu a coñecer os resultados o 29 de xaneiro, anunciando que Hamás conseguira 75 escanos e Fatah 45.[2] Segundo os resultados, Hamás gañou a maioría dos escanos da circunscrición, pero conseguiu unha menor marxe nas listas electorais.
A participación foi do 74,6 % – 76 % na Franxa de Gaza e do 73.1 % en Cisxordania.[3]
Estimacións preelectorais
[editar | editar a fonte]O Centro Palestino de Investigación entrevistou 1.316 persoas adultas en Cisxordania e na Franxa de Gaza a comezos de decembro de 2005, para coñecer a súa intención de voto, cos seguintes resultados:[4]
- Fatah: 50 %
- Hamás: 32 %
- Outros: 9 %
- Indecisos: 9 %
Unha segunda enquita do PCPSR entre o 29 e o 31 de decembro feita a 4.560 votantes potenciais deu este resultado:[5]
- Fatah: 43 %
- (Hamás): 25 %
- Palestina Independente: 5 %
- Martyr Abu Ali Mustafa: 3 %
- A Alternativa: 2 %
- A terceira Vía: 2 %
- Indecisos: 19 %
Non hai outros partidos que superen o 2 %.
Unha sondaxe de opinión pública, realizada entre o 5 e o 6 de xaneiro, a 1.360 persoas, mostrou un descenso de Fatah:[6]
- Fatah 39,3 %
- Hamás: 31,.3 %
- Palestina Independente: 10,4 %
- Martyr Abu Ali Mustafa: 6,8 %
- A Terceira Vía: 5,5 %
Non hai outros partidos que superen o 2 %.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2008. Consultado o 29 de outubro de 2008.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2009. Consultado o 04 de abril de 2009.
- ↑ "Palestinian Central Election Commission website". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2009. Consultado o 24 de xaneiro de 2009.
- ↑ "Survey Research Unit". Pcpsr.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 2011-05-23.
- ↑ "Survey Research Unit". Pcpsr.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 2011-05-23.
- ↑ "An-Najah National University" (PDF). Consultado o 2011-05-23.